Este sábado imporase a medalla de bronce da cidade a Gerardo Calvo Moreno, xefe da Compañía da Garda Civil de Tui
21/03/2019
Este sábado, 23 de marzo, ás 12 h no salón de sesións da Casa do Concello terá lugar a imposición da medalla de bronce da cidade a D. Gerardo Calvo Moreno, xefe da Compañía da Garda Civil de Tui. Foi concedida por acordo plenario da corporación municipal en sesión celebrada o día 27 de decembro de 2018.