Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O equipo de goberno do Concello de Tui remata esta semana ás reunións cos veciños das parroquias de Tui

20/03/2019

A derradeira xuntanza cos veciños será o sábado ás 20.30 h en Baldráns

O equipo de goberno do Concello de Tui remata esta semana coas xuntanzas cos veciños das parroquias para coñecer as súas necesidades. Esta derradeira xuntanza vaise celebrar o sábado, ás 20.30 h, na Casa Cultural Baldráns.

Remata así o ciclo de xuntanzas que o equipo de goberno mantivo cos veciños das parroquias de Malvas, Pazos de Reis, Areas, Paramos, Rebordáns, Ribadelouro, Caldelas, Randufe, Guillarei e Pexegueiro.

Dende o Concello convidan a todos os interesados a asistir a esta xuntanza para poder trasladar as súas dúbidas ou propostas tanto ao alcalde como aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.