Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde de Tui deu conta das oportunidades de desenvolvemento industrial e comercial de Tui no Círculo de Empresarios de Vigo

26/04/2019

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, participou esta mañá no foro de Loxística no Círculo de Empresarios en Vigo onde tratou as “Oportunidades de desenvolvemento industrial-comercial no Concello de Tui”. 

En concreto o rexedor tudense repasou na súa intervención o traballo que está a realizar o concello de Tui para aumentar a oferta de chan industrial en condicións de seguridade xurídica.  

Estas actuacións céntranse en catro eixos. Por unha banda na mellora e ampliación do Parque Empresarial de Areas. Por outra parte referiuse ao desenvolvemento de zonas de implantación industrial en Ribadelouro, e ao fomento da actividade comercial e terciaria na Gándara e en Areas. Por último referiuse a catro  sectores de solo industrial e 6 de solo comercial que se plantexan cunha superficie de 1 millón de metros cadrados.