Bando afectados explosión de material pirotécnico en Paramos
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, emitiu un bando o 24 de maio de 2018, no que se informa que:
Tras a explosión pirotécnica en Paramos/Guillarei do día 23 de maio de 2018, estableceuse un sistema de inscrición das persoas afectadas.
Que para poder constar de forma efectiva como persoa afectada é imprescindible que se realice a inscrición nesta base de datos.
Terán que facela todas as persoas afectadas independentemente da importancia do dano sufrido, ou de que dispoñan ou non de seguro que cubra os danos.