Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Audiencia Provincial absolve ao alcalde de Tui dun delito de ameazas leves

23/04/2019

O rexedor recorrera a sentenza emitida en primeira instancia o pasado mes de decembro. A resolución da audiencia é firme e non cabe recurso

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, manifestou hoxe en rolda de prensa a súa satisfacción a nivel político e persoal logo de que a sección 4ª da Audiencia Provincial de Pontevedra o absolvera dun delito leve de ameazas, do que fóra condenado o pasado mes de decembro polo Xulgado de Instrución nº3 de Tui tras a denuncia presentada polo técnico do club Kaiak Tudense, Esteban Alonso.  

Na súa sentenza a maxistrada estima o recurso presentado polo alcalde de Tui contra a sentenza do xulgado de instrución, absolvéndoo do delito. Contra esta resolución non cabe recurso.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, explicou que presentou recurso á sentenza do mes de decembro ao entender que “pola miña honra persoal valía a pena recorrer”. Entende que agora “se fai xustiza”. Apuntou que na sentenza da Audiencia se entende que en primeira instancia non se aplica o principio de In dubio pro reo, nin o de mínima intervención ao tempo que non hai axuste ao tipo penal.