O Consorcio do Louro apraza o pago do padrón do sexto bimestre de 2019
O Consorcio de Augas do Louro informa do segundo aprazamento do pago das taxas do sexto bimestre de 2019 con motivo da situación de alarma por coronavirus.
O Consorcio valorou os efectos económicos que as medidas de confinamento e cese das actividades decretadas segue a provocar especialmente nas familias e pequenos comercios, así como as limitacións que esta situación supón aos usuarios para acceder fisicamente ás entidades bancarias.
É por isto que, tendo en conta as prórrogas do estado de alarma decretadas polo goberno de España, decidiu aprazar por segunda vez a data de pago en voluntaria do padrón do sexto bimestre de 2019 ate o 30 de maio, mantendo as datas previstas na anterior modificación do calendario fiscal para os seguintes padróns.
Deste xeito, o novo calendario fiscal queda coas datas seguintes:
Taxas E.P.P | Data Inicio | Data fin | Data cargo en conta |
---|---|---|---|
6º Bimestre 2019 | 10/02/2020 | 30/05/2020 | 30/05/2020 |
1º Bimestre 2020 | 10/06/2020 | 10/08/2020 | 13/07/2020 |
2º Bimestre 2020 | 10/07/2020 | 10/09/2020 | 14/08/2020 |
3º Bimestre 2020 | 10/08/2020 | 10/10/2020 | 14/09/2020 |
4º Bimestre 2020 | 10/10/2020 | 10/12/2020 | 09/11/2020 |
5º Bimestre 2020 | 10/12/2020 | 12/02/2021 | 11/01/2021 |
No relativo aos prazos para o pago en vía executiva, dado que esta xestión está delegada no ORAL, haberá que ter en conta os aprazamentos e suspensións de prazos acordados por este organismo.
O Consorcio informa, así mesmo, que as persoas en risco de exclusión social están exentas do pago das taxas polo que, de darse esta situación a consecuencia do estado de alarma por coronavirus, poden solicitar dos servicios sociais municipais os informes que acrediten esta nova situación para poder acceder a esta exención.
Por outra banda, o Consorcio lembra que o pago dos recibos pode realizarse mediante domiciliación bancaria, presentando o modelo de solicitude de domiciliación SEPA que está dispoñible na web http://www.consorciodolouro.es.
O Consorcio lembra aos usuarios que mantén a súa disposición o número 900 810 103 así como a súa sede electrónica e páxina web as 24 horas do día.