Bando Todos os Santos 2020
26/10/2020
Áreas:
Alcaldía
Con motivo da proximidade da celebración da festividade de Tódolos Santos na que se suele producir unha asistencia masiva de persoas ó Cemiterio Municipal durante o día 1 de novembro e días previos, e ante o risco de aglomeracións e contacto estreito de asistentes, que inciden na posibilidade de contaxios derivados da pandemia actual da COVID-19, é preciso establecer diversas medidas e recomendacións a fin de garantir a seguridade das persoas, a prevención e a contención de dita enfermidade e así cumprir coa normativa sanitaria actual.
A tal efecto se informa ás veciñas e veciños e visitantes en xeral, a adopción das seguintes medidas de protocolo a ter en conta:
- Quedan suspendido o oficio relixioso que se realizaba no cemiterio municipal o día 1 de novembro.
- O Concello de Tui recomenda ás persoas de risco que eviten acudir ó cemiterio os días e horas nos que sexa previsible que haxa mais afluencia de persoas, recalcando que aquelas persoas que teñan síntomas compatibles coa COVID-19 non poderán ir ó cemiterio.
- Recoméndase que as visitas se fagan entre os días 28 de outubro ó 2 de novembro e non se concentren, a ser posible, no día 1 de novembro e que as mesmas se fagan de forma escalonada ao longo de todo o día.
- No interior do cemiterio terase que respectar en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 metros e evitar o contacto persoal.
- O aforo establecido, de conformidade coa normativa actual, é de 100 persoas e os grupos terán que ser, como máximo de 4 persoas do mesmo grupo familiar e que vivan xuntas, sendo obrigatorio en todo momento o uso da máscara.
- Estableceranse sistemas de control e vixilancia por parte da policía local e outro persoal municipal así como o valado e sinalización para facilitar os accesos e evitar as aglomeracións o día 1 de novembro.
- Haberá xeles hidroalcohólicos á entrada do cemiterio, sendo obrigatorio o seu uso.
- Para evitar o uso compartido de obxectos comúns entre as persoas usuarios do cemiterio, non estarán dispoñibles este tipo de obxectos, tales como escaleiras, caldeiros, regadeiras, etc. En caso de ser necesario cada persoa deberá levar os seus.
- A duración das visitas deberá ser o máis breve posible e en ningún caso, deberá ser superior a 30 minutos.
- Apélase a responsabilidade de tódolos asistentes ó cemiterio nestes días para que sexan conscientes da necesidade de cumprir estritamente todas as medidas sanitarias precisas para evitar aglomeracións e previr deste xeito os contaxios e propagación da COVID-19