Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Chamamento especial á responsabilidade e cumprimento das medidas restritivas durante esta fin de semana

4/12/2020

Tui está a ser obxecto dunha vixilancia especial por parte do grupo de expertos ante a evolución epidemiolóxica no termo municipal.

Dende o Concello de Tui faise un chamamento especial á responsabilidade durante esta fin de semana no cumprimento das medidas restritivas establecidas ante a situación epidemiolóxica do municipio. 

Tui está a ser obxecto dunha vixilancia especial por parte do subcomité clínico de expertos que fai seguimento á evolución da covid-19 en Galicia ante a evolución epidemiolóxica no termo municipal.

O próximo martes no vello pavillón municipal Sanidade realizará un cribado poboacional, mediante a realización da proba PCR, a 2.500 persoas de Tui, con idades entre os 18 e os 60 anos,  que están a ser notificadas mediante SMS.

A continuación detállanse as medidas restritivas en vigor que viñeron publicadas no DOG Nº 244-Bis, do xoves, 3 de decembro de 2020. (Consultar DOG)

Peche Perimetral 

DECRETO 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

Queda restrinxida a entrada e a saída de persoas do ámbitos territorial de Tui.

Quedan exceptuados das anteriores limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.

c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.

e) Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.

g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.

h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.

i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.

j) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

k) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

4. Non estará sometida a restrición ningunha a circulación en tránsito a través dos ámbitos territoriais en que resulten de aplicación as limitacións previstas nos números 1 e 2.

Limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno 

Real Decreto 956/2020, de 3 de noviembre, por el que se prorroga el estado de alarma declarado por el Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma para contener la propagación de infecciones causadas por el SARS-CoV-2.

Durante o periodo comprendido entre as 23:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:

1. Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

2. Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

3. Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.

4. Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

5. Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.

6. Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

7. Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

8. Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

9. Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

Restriccións ás agrupacións de persoas

No territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de catro persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.

Non será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.Tampouco será aplicable naqueles ámbitos territoriais concretos nos cales, se adoptasen ou se adopten, medidas máis estritas.

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

  • Parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas ou espazos de uso público ao aire libre similares con limitación de aforo: máximo estimado unha persoa por cada catro metros cadrados.
  • Celebracións con motivo de cerimonias relixiosas ou civis: cun máximo de 50 persoas en espazos pechados e 100 ao aire libre.
  • Lugares de culto: 1/3 da súa capacidade máxima permitida.
  • Velorios: 10 persoas en espazos pechados e 25 en espazos abertos sexan ou non conviventes.
  • Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas entre familiares e achegados sexan ou non conviventes.
  • Bibliotecas, arquivos, museos: 50 % da súa capacidade máxima permitida. As actividades culturais de grupo: Máximo 4 persoas sexan ou non conviventes excluido o monitor ou guía.
  • Cines, teatros e auditorios:Sentados: calculando 1,5 metros nas 4 direccións entre os asistentes cun límite máximo de 250 persoas nos espazos pechados e 500 persoas nos espazos ao aire libre.
  • Centros recreativos turísticos ou similares: 50 % do aforo. Os grupos para actividades turísticas serán dun máximo de 4 persoas, sexan ou non conviventes e excluído o monitor ou guía.
  • Outros locais ou establecementos comerciais: 50 % da súa capacidade autotizada ou establecida. Límite máximo de 50 persoas para lugares pechados e de 100 ao aire libre.
  • As actividades de grupo: Máximo 4 persoas sexan ou non conviventes, excluíndo o monitor ou guía.
  • Congresos, eventos, reunións de negocios, conferencias e actos similares: Sentados: calculando 1,5 metros nas 4 direccións entre os asistentes cun límite máximo de 250 persoas nos espazos pechados e 500 persoas nos espazos ao aire libre.Esta limitación será tamén de aplicación para reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.

ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURISTICO

  •  Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.
  • As actividades de animación ou clases grupales máximo 4 persoas sexan o no conviventes, excluidos os monitores.
  • Aloxamento turístico de albergue, polas súas especiais características permitirase unha capacidade máxima do 50 %.

COMERCIO, CENTROS COMERCIAIS E MERCADOS AO AIRE LIBRE 

  • Locais e establecementos, independentemente da súa superficie: Límite do aforo 50% de capacidade.
  •  Centros e parques comerciais: No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo 50% de capacidade en cada un deles.
  • Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
  • A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 33 %.
  • Centros e parques comerciais: As zonas comúns como poden ser zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
  • Mercados ao aire libre: 50 % dos postos habituais ou autorizados.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

  • Non está permitido o consumo no interior.
  • Nas terrazas ao aire libre, limitación ao 50 % do aforo.
  • Os grupos serán como máximo de 4 persoas, sexan ou non conviventes, respectando a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.
  • Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
  • Os establecementos deberán pechar ás 17:00 horas

ACTIVIDADES DEPORTIVAS NON FEDERADAS

  • Instalacións deportivas ao aire libre: individual e colectiva, sen contacto físico, e como máximo de 4 persoas de forma simultánea , sen contar o monitor.
  • Instalacións deportivas cubertas: grupos de ata 4 persoas sexan ou non conviventes sen contar o monitor, e sen superar o 50% da capacidade máxima permitida.

CELEBRACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS, ADESTRAMENTOS E DE COMPETICIÓNS DEPORTIVAS CON PÚBLICO

  • A celebración de eventos deportivos, adestramentos, competicións deportivas que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado.
  • Non superación do 50 % da capacidade. • Límite de 250 persoas para lugares pechados e de 500 se se trata de actividades ao aire libre.

ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE DIRIXIDAS Á POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL

  • Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil, cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao 50% da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de 50 participantes, excluídos os monitores.
  • Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o 50% da capacidade máxima do recinto, cun máximo de 25 participantes, excluídos os monitores.
  • As actividades deberán realizarse en grupos de ata 4 persoas participantes, sexan ou non conviventes e excluídos os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.

CENTROS CIVICOS E SOCIAIS

  • Límite capacidade total: 50 %
  • Actividades socioculturales grupais: Máximo 4 persoas, sexan ou non conviventes, e excluído ou monitor ou guía

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN E ACTIVIDADE FORMATIVA XESTIONADA OU FINANCIADA POLA ADMON. AUTONÓMICA

  • A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido.

(Fonte: MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECIFICAS PARA O CONCELLO DE TUI da Xunta)