O Concello de Tui celebrará dous campamentos e realizará accións de formación e sensibilización ao abeiro do Plan Corresponsables
Dous campamentos de verán xunto a accións de sensibilización e formación en materia de corresponsabilidade conforman a programación Igual É Máis que o Concello de Tui vai desenvolver nos próximos meses. Hoxe mesmo recibiu a comunicación da concesión por parte da Consellería de Política Social e Igualdade dunha subvención de 49.500 mil euros ao abeiro do Plan Corresponsables.




