II Mercado Creativo Elas Facedoras

Data:
14/03/2026
Lugar:
Espazo Sociocultural
Dentro da programación do 8M, o Día Internacional da Muller, o Concello de Tui organiza o II Mercado Creativo Elas Facedoras o sábado 14 e o domingo 15 de marzo no Espazo Sociocultural.
Participarán vinte mulleres: A invenção do dia azul, anabelenjarrin, areladefe, Artesanía Sabela, Cabuxa, Como pez en el agua, Dragonfly joyería, D Rositas, El Barro y la Cometa, El Proyecto de Fabiana, Icy Dolche, La Clave de An, Luxor & luxor, Manos Creadoras, Marifastudo, Mar.Jewelrin, Media Lúa, Quiñóns da Ínsua, Rosa María Vila e Shirga. Chegarán dende Tui, Tomiño, O Rosal, Oia, Salvaterra, Nigrán, Vigo, Ribadavia, Rois, ou Caminha.
Horario:
- Sábado, 14 de marzo, de 11 h a 14 h e de 17 h a 21.30 h
- Domingo, 15 de marzo, de 12 h a 14 h e de 17 h a 20 h. A entrada é libre.
Programa de actividades
Sábado 14
- Ás 12 h Mesa redonda “As mulleres na artesanía contemporánea galega” coa participación de Verónica Moar; Amalia Puga; Julia de la Cal e Mercedes Vieites
- Ás 13 h Actuación musical Gloria Pavía con Rafa Morales
- Ás 19h Señora DJ
Domingo 15
- Ás 12h Presentación e degustación de productos de artesanía alimentaria
- Ás 13h Actuación musical de Yudit Almeida con Xan Campos
- Ás 18:30h Actuación das humoristas Sobria&Serena, Arantxa Treus e Jazmín Abuín




