Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

Presentación dunha cadeira anfibia polo Club Náutico Inclusivo do Baixo Miño

Undefined

Mañá mércores, ás 12.30 horas, no aparcadoiro dos centros municipais de piragüismo e remo de Tui, na rúa Olímpicos Tudenses, terá lugar a presentación dunha cadeira anfibia adquirida polo Club Náutico Inclusivo do Baixo Miño.

No acto participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de servizos sociais de Tui, Ismael Diz, a concelleira de igualdade, Ana Mª Núñez, o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, e a directora da oficina de CaixaBank de Tomiño.

O luns comezan os tres Campamentos de Verán organizados polo Concello de Tui

Undefined

O próximo luns, 1 de xullo, comezarán os tres campamentos de verán organizados polo Concello de Tui. Será o campamento Igual É +, o campamento tecnolóxico e o campamento de aventuras. Ao longo dos meses de xullo e agosto, nas distintas quendas establecidas, asistirán a estas actividades 800 nenos e nenas.  

No Campamento de Verán Igual É + Tui 2024, que como en edicións anteriores organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Deportes, participarán en total  560 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. 

Listaxe de requirimentos de documentación Campamento de Verán de Aventuras

Undefined

Vense de publicar a Listaxe de requirimentos de documentación Campamento de Verán de Aventuras.

Sinálase un prazo de tres días naturais contados a partir do seguinte da súa publicación para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non facelo, considerarase que desistiu da súa solicitude.

O Concello de Tui oferta dous novos campamentos

Undefined

O Concello de Tui amplía a oferta de campamentos para este verán na cidade coa organización de dúas novas iniciativas coas que facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares de verán.  As persoas interesadas poden presentar a solicitude de praza dende hoxe mesmo e até o próximo martes 18. Estes campamentos ofrecerán actividades educativas e recreativas que non só divertirán aos máis pequenos, senón que tamén promoverán o seu desenvolvemento persoal e tecnolóxico. Ambos contan co financiamento do Plan Corresponsables.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Igualdade