Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Normativa Teatro Municipal

ENTRADAS

Teatro Municipal de Tui. Edificio Francisco Sánchez.  Rúa Colón, 2. 36700 Tui entradas@culturatui.Info

Venda de Entradas: www.tui.gal

Prezos Das Entradas:

Normal: 1º Prezo sinalado no espectáculo.

Descontos: 2º prezo sinalado no espectáculo. É preciso amosar o documento acreditativo, carné xove, carné de estudante, carné da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos.

NORMATIVA:

  • Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso ao Teatro Municipal.
  • Non se devolverá o importe da entrada.
  • No momento de acceso ao patio de butacas cada persoa deberá ter a súa entrada na man, ou no móbil, e se fose o caso, o documento acreditativo do desconto.
  • Requirirase a presentación do certificado covid, certificado de test de antíxenos negativo ou PRC negativa ás persoas maiores de 12 anos.
  • A entrada debe conservarse até o remate da función.

No patio de butacas:

  • Prohibido usar o móbil, gravar, comer, beber, introducir paraugas ou carriños de bebé.

PROTOCOLO COVID-19

  • Se presenta síntomas compatibles coa covid quede na casa
  • Uso obrigatorio de máscara
  • A entrada debe mercarse de xeito anticipado, até media hora antes do inicio, en www.tui.gal
  • Acceso ao patio de butacas dende 30 minutos antes do inicio. Acuda coa suficiente antelación. Evite aglomeracións. Manteña a distancia de seguridade.
  • Desinfecte as mans con xel hidroalcohólico no acceso.
  • Ocupe a cadeira mercada e seleccionada e permaneza sentado até o remate do espectáculo
  • Siga en todo momento as indicacións da organización e a sinalización establecida
  • Os menores deberán permanecer acompañados en todo momento.
  • Actúe con responsabilidade

INFORMACIÓN

Áreas: 
Cultura