Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Axudas COVID 19 - Axudas Alugueres

A persoa arrendataria deberá acreditar que se encontra nalgunha das situacións de vulnerabilidade económica (Artigo 5 d  o Real Decreto-Lei 11/2020) acompañado o seu escrito dos documentos especificados no BOE  (Artigo 6 do Real Decreto-Lei 11/2020):

a) Unha PRÓRROGA EXTRAORDINARIA NOS CONTRATOS DE ALUGUER DE VIVENDA HABITUAL que caduquen dentro do período do 02/04/2020 ata o día que transcorran dous meses dende a finalización do estado de alarma. Os contratos renovaranse automaticamente por un período máximo de 6 meses a petición da persoa inquilina. (Artigo 2 do Real Decreto-Lei 11/2020)

b) SUSPENSIÓN DE DESAFIUZAMENTO para fogares vulnerables sen alternativa habitacional ata 6 meses despois do remate do estado de alarma. (Artigo 1 do Real Decreto-Lei 11/2020)

c) APRAZAMENTO TEMPORAL E EXTRAORDINARIO DO PAGO DA RENDA. A persoa arrendataria dun contrato de vivenda habitual que se atope en situación de vulnerabilidade económica e social poderá solicitar dende o 02/04/2020 ata o 02/05/2020 o aprazamento temporal e extraordinario no pago da renda sempre e cando dito aprazamento ou condonación total ou parcial da mesma non tivera acordado previamente entre ambas partes con carácter voluntario.  

Unha vez recibida a solicitude, a persoa arrendadora comunicará á arrendataria, nun prazo máximo de 7 días laborais, as condicións de aprazamento ou de fraccionamento aprazado a débeda que acepta, ou no seu defecto, as posibles alternativas que plantexa en relación coas mesmas. (Artigo 8 do Real Decreto-Lei 11/2020)

d) PROGRAMA DE AXUDAS TRANSITORIAS DE FINANCIACIÓN. MICROCRÉDITOS:  En caso de que a persoa arrendadora non acepte o acordo de aprazamento da cota de aluguer, a persoa arrendataria, que se atope en situación de vulnerabilidade económica poderá ter acceso ao programa de axudas transitorias de financiación: Os inquilinos vulnerables poderán optar a microcréditos sen gastos de interese que poderán devolverse en 6 anos, ampliables a 10. As axudas dedicaranse ao pago da renda do arrendamento da vivenda e poderán cubrir un importe máximo de seis meses de mensualidade de renda. (Artigo 9 do Real Decreto-Lei 11/2020)

e) PROGRAMA DE AXUDAS PARA CONTRIBUIR A MINIMIZAR O IMPACTO ECONÓMICO E SOCIAL DO COVID-19 NOS ALUGUERES DE VIVENDA HABITUAL. O novo programa de axudas incorporarase ao Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. (Artigo 10 do Real Decreto-Lei 11/2020, e desenrolado na Orde TMA/336/2020, de 9 de abril publicada no BOE nº 101 de 11/04/2020)

1- PROGRAMA DE AXUDAS PARA CONTRIBUIR A MINIMIZAR O IMPACTO ECONÓMICO E SOCIAL DO COVID-19 NOS ALUGUERES DE VIVENDA HABITUAL:

OBXECTO

  • A concesión de axudas de aluguer, mediante adxudicación directa, ás persoas arrendatarias de vivenda habitual que, como consecuencia do impacto económico e social do COVID-19 teñan problemas transitorios para atender o pago parcial ou total de aluguer.
  • A concesión de axudas para facer fronte á devolución das axudas transitorias de financiación a cuxa devolución non puideran facer fronte.

PERSOAS BENEFICIARIAS

  • As persoas físicas que, na súa condición de arrendatarios de vivenda habitual, acrediten estar en situación de vulnerabilidade económica e social sobrevida a consecuencia do COVID-19.

(A Xunta determinará as condicións que incluirán en todo caso as do artigo 5 do RDL 11/2020)

Os beneficiarios deberán acreditar, ademais:

a) Que a persoa arrendataria ou calquera das que teñan o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada non teña parentesco en primeiro ou segundo grado de consanguinidade ou de afinidade coa persoa que teña a condición de arrendador da vivenda.

b) Que a persoa arrendataria ou calquera das que teñan o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada non sexa socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.

SOLICITUDE DA AXUDA

  • A axuda solicitarase pola persoa arrendataria á Comunidade Autónoma como máximo ata o 30 de setembro de 2020.
  • A Comunidade Autónoma de Galicia concretará o prazo e forma de presentación de solicitudes.
  • A solicitude deberá ir acompañada, en todo caso, de:

a) Copia completa do contrato de arrendamento en vigor, con inclusión expresa do medio e forma de pago á persoa arrendadora.

b) Acreditación de pago das últimas 3 mensualidades, salvo que o contrato tivera unha vixencia de menor prazo, en cuxo caso se acreditará o pago dende o inicio do contrato.

CONTÍA DA AXUDA E PRAZO DA AXUDA

  • A contía da axuda poderá chegar ata un importe máximo de 900  euros ao mes e do 100% da renda arrendaticia. Poderase conceder por un prazo de ata 6 meses, podendo incluírse como primeira mensualidade a correspondente ao mes de abril de 2020.
  • No suposto de ter accedido ás axudas transitorias de financiación, a axuda poderá chegar ata un importe máximo de 5.400 euros coa que se satisfará total ou parcialmente o pago da renda da vivenda habitual.

PAGO DA AXUDA

  • Unha vez resolta a concesión da axuda poderá acordase que o pago se realice directamente ao arrendador por conta do arrendatario no suposto de que non se tivera satisfeito o pago do aluguer polo arrendatario.
  • Cando se teña concedido un préstamo mediante axudas transitorias de financiación a contía da axuda concedida deberá destinarse á amortización do préstamo. Unicamente cando se tivera cancelado a totalidade do préstamo poderá destinarse a cubrir o pago de novas mensualidades de renda. .

COMPATIBILIDADE DA AXUDA

  • A axuda deste programa é compatible con calquera outra axuda ao aluguer que viñera percibindo a persoa arrendataria, incluso se fose con cargo ao propio Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, sempre e cando as axudas non superen o 100%  do importe do aluguer no mesmo período.

 

2. PROGRAMA DE AXUDA ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO, PERSOAS OBXETO DE DESAFIUZAMENTO DA SÚA VIVENDA HABITUAL, PERSOAS SEN FOGAR E OUTRAS PERSOAS ESPECIALMENTE VULNERABLES:

OBXECTO

  • Facilitar unha solución habitacional inmediata ás persoas vítimas de violencia de xénero, ás persoas obxecto de desafiuzamento da súa vivenda habitual, ás persoas sen fogar e a outras persoas especialmente vulnerables.

PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Persoas vítimas de violencia de xénero.
  • Persoas obxecto de desafiuzamento da súa vivenda habitual.
  • Persoas sen fogar.
  • Outras persoas especialmente vulnerables.
  • Administracións públicas cuxo obxecto sexa dotar dunha solución habitacional a aquelas persoas.

Consideraranse persoas especialmente vulnerables aquelas que ostenten dita consideración polos servizos sociais da comunidade autónoma ou da administración local.

Non poderán ser beneficiarias aquelas persoas que dispoñan dunha vivenda en propiedade ou en réxime de usufruto.

SOLUCIÓN HABITACIONAL

  • A Comunidade Autónoma porán a disposición da persoa beneficiaria unha vivenda de titularidade pública, ou que fose cedida para o seu uso a unha administración pública. A axuda poderá aplicarse sobre unha vivenda adecuada, de titularidade privada ou sobre calquera aloxamento ou dotación residencial susceptible de ser ocupada polas persoas beneficiarias, nos mesmos réximes.

CONTÍA DA AXUDA

  • A contía da axuda, dentro dos límites deste programa e atendendo ás circunstancias persoais da persoa beneficiaria, poderá alcanzar os seguintes importes:
  • Ata 600 euros ao mes e ata o 100% da renda ou prezo da ocupación do inmoble, establecido. En supostos establecidos poderá alcanzar ata 900 euros ao mes e ata o 100% da renda.
  • Ata 200 euros ao mes para atender os gastos de mantemento, comunidade e subministros básicos co límite do 100% dos mesmos.

A determinación da contía deberá contar co informe favorable dos servizos sociais da comunidade autónoma ou da administración local correspondente.

PRAZO DA AXUDA

  • As axudas poderanse conceder por un prazo máximo de 5 anos, pudendo acumularse ós prazos anteriores, con efectos retroactivos, a contía necesaria para atender o pago do aluguer ou os gastos de mantemento, comunidade e subministros básicos dos seis meses anteriores aos que a persoa beneficiaria, no seu caso, non puidera facer fronte.

XESTIÓN

  • A comunidade autónoma poderá conceder esta axuda de forma inmediata, mediante adxudicación directa ás persoas beneficiarias coa soa acreditación da condición de vítima de violencia de xénero, do desafiuzamento ou lanzamento, inminente ou xa realizado, da vivenda habitual, da condición de persoa sen fogar ou da condición de persoa especialmente vulnerable. Axuntarase un informe dos servicios sociais autonómicos ou locais.

2.2.2. QUEN PODE ACCEDER ÁS AXUDAS?

Ao programa de axudas só poderán acceder aquelas persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade económica e social debido á crise do COVID-19. O inquilino terá que cumprir algún dos seguintes requisitos: non ter traballo, sufrir un ERTE, ter reducido a súa xornada laboral por motivo de coidados e as persoas traballadoras autónomas cuxos ingresos se reduciron durante a crise sanitaria.

Para comprobar a situación de vulnerabilidade económica e social acceder ao punto de Requisitos económicos para estar considerado en situación de vulnerabilidade económica e social.

2.2.3. REQUISITOS ECONÓMICOS PARA ESTAR CONSIDERADO EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE ECONÓMICA E SOCIAL.

Os supostos de vulnerabilidade económica a consecuencia da emerxencia sanitaria ocasionada polo COVID-19 requirirán da concorrencia conxunta dos seguintes requisitos:

1. Que a persoa que estea obrigada a pagar a renda de aluguer pase a estar en situación de desemprego, ERTE, o reducira a súa xornada por motivo de coidados, en caso de empresario, ou outras circunstancias similares que supoñan unha perda substancial de ingresos, non alcanzado por elo o conxunto de ingresos dos membros da unidade familiar, no mes anterior á solicitude da moratoria:

a.) Cumprir o límite de tres veces el Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples mensual (IPREM), fixado en 537,84 euros ao mes.

b.)Este límite incrementarase en 0,1 veces el IPREM por cada fillo ou persoa maior de 35 anos a cargo da unidade familiar. En caso de que a unidade familiar sexa monoparental, o incremento aplicable por fillo será de 0,15 veces o IPREM.

c.)Este límite incrementarase en 0,1 veces o IPREM por cada persoa maior de 65 anos membro da unidade familiar.

d.) En caso de que algún dos membros da unidade familiar teña unha discapacidade superior ao 33% o límite será de catro veces o IPREM.

e.) Se a persoa obrigada a pagar a renda ten parálise cerebral, unha enfermidade mental ou discapacidade intelectual igual ou superior ao 33%, unha discapacidade física ou sensorial, un grado de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65%, así como os casos de enfermidade grave que incapacite acreditadamente á persoa para realizar a súa actividade laboral, o  límite aumentará a 5 veces o IPREM

2. Que a renda do aluguer, máis os gastos e subministros básicos, sexa superior ou iguais ao 35% dos ingresos netos que percibe o conxunto dos membros da unidade familiar.

Aos efectos do anterior entenderase por unidade familiar a composta pola persoa que adeuda a renda arrendaticia, o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito inscrita e os fillos, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, incluíndo os vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollementos familiar e o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito inscrita , que residan na vivenda.

Non se entenderá que concorren os supostos de vulnerabilidade económica que a persoa arrendataria ou calquera das persoas que compoñan a unidade familiar que habita aquela sexa propietaria ou usufrutuaria dalgunha vivenda en España. Exceptuarase de este requisito a aqueles que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade da mesma por causa de separación ou divorcio, ou que resulte inaccesible do seu titular ou dalgunha persoa que conforma a unidade de convivencia.

2.2.4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

A concorrencia das circunstancias de vulnerabilidade económica e social acreditarase pola persoa arrendataria ante a persoa arrendadora mediante a presentación dos seguintes documentos:

  1. En caso de situación legal de desemprego, mediante certificado expedido pola entidade xestora das prestacións, no que figure a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.
  2. En caso de cese de actividade das persoas traballadoras por conta propia, mediante certificado expedido pola Agencia Estatal de la Administración Tributaria ou o órgano competente da Comunidade Autónoma, no seu caso, sobre a base da declaración de cese de actividade declarada pola persoa interesada.
  3. Número de persoas que habitan na vivenda:
    1. Libro de familiar ou documento acreditativo de parella de feito.
    2. Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores.
    3. Declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente para realizar unha actividade laboral.
  4. Titularidade dos bens: nota simple do servizo de índices do Rexistro da propiedade de todos os membros da unidade familiar.
  5. Declaración responsable do deudor ou deudores relativa ao cumprimentos dos requisitos esixidos para considerarse sen recursos económicos suficientes segundo este Real Decreto-lei.

Si o solicitante da moratoria non puidese aportar algún dos documentos requiridos nos apartados anteriores, poderá substituílo mediante unha declaración responsable que inclúa a xustificación expresa dos motivos. Trala finalización do estado de alarma e das súas prórrogas disporá do prazo de 1 mes para a aportación dos documentos que non foran facilitados.