Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

COVID 19 - Xestión do Lixo

Durante a crise sanitaria do COVID 19 na xestión do lixo débense ter en conta as seguintes cuestións

  • Depositar o lixo no contedor correspondente empregando luvas ou papel para abrir a tapa
  •  Ao volver ao domicilio lavar as mans con auga e xabón
  •  As luvas de latex ou nitrilo que se empregan para facer a compra, ou outros usos, non son envases. Non deben depositarse no colector amarelo senón no verde xeral
  • Mantense a recollida selectiva do lixo
  • Está pechado o Punto Limpo e suspendeuse a recollida de voluminosos a domicilio

No caso de que no domicilio houba algunha persoa en corentena ou que dera postivo por COVID 19 débense seguir as seguintes recomendacións:

  • O lixo xerado na habitación do paciente débse depositar nun cubo con tapa
  • Todo o lixo da habitación de illamento e o material empregado (luvas, mascarillas...) pola persoa coidadora débese depositar - sen diferenciar - nunha bolsa resistente e atala. Introducir a bolsa noutra bolsa debidamente atada. 
  • Depositar a bolsa no interior do contedor, nunca deixala sobre a rúa.

No BOE nº 79 do 22 de marzo recóllense as recomendación para a xestión do lixo durante a crise do COVID 19 (Ver BOE)