Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

COVID 19 - Formación

Este tempo de confinamento debido ao Estado de Alarma decretado para previr o contaxio do coronavirus COVID 19 pode ser aproveitado para completar o perfil curricular. Dende o departamento de Formación do Concello elaboraron esta listaxe de recursos de formación on line, que pode axudar a seguir medrando persoal e profesionalmente. 

  • Acción Laboral
    • Acción Laboral ofrece formación gratuíta para persoas traballadoras por conta allea, autónomos e desempregados en moi diversos ámbitos. Novas tecnoloxías, servizos socioculturais, administración e xestión,  comercio e márketing, edificación e obra civil, electricidade e electrónica, son algúnas da áreas que abarca a súa  oferta formativa. 
  • ADECCO Formación
    • ADECCO pon a dipor máis de 70 programas formativos. Debido ao actual Estado de Alarma oferta durante dous meses de xeito gratuíto unha ampla gama de programas formativos.  Até o 22 de maio pódese realizar a inscrición, e logo unha vez inscrito disponse de 10 días para realizar a formación. 
  • Aprender Gratis
    • Plataforma que oferta cursos, titoriais e manuais de universidades que ofrecen os seus cursos en aberto e outros recursos da Administración.
    • Recompila máis de 2000 cursos gratuítos.
  • ASIME, Asociación de Empresarios do Metal de Galicia
    • Asime, en colaboración coa Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae), pon en marcha  no mes de abril un programa de formación formado por cinco cursos
    • Dirixidos a  persoas ocupadas do sector do metal e para persoas en situación de desempregado.
    • Formación 100% subvencionada e virtual.
  • Aula 10 Formación
    • Aula 10 CEntro de Formación presenta formación on line en diversos sectores. Trátase de cursos para os que non se precisan coñecementos específicos de formación, pódese ir ao propio ritmo, adaptados a calquera horario, e con titorización persoal.  
  • Aula Fácil
    • Aula Fácil ofrece 1.141 curos gratuítos en idiomas, informática, internet, manualidades, autoaxuda, empresa, cociña, ciencia, arte e humanidades, aficcións, saúde, deporte, debuxo e puntura, docencia, decoración, beleza, bricolaxe, psicoloxía, seguridade e prevención, arquitectura, Primaria, Secundaria ESO, Bacharelato...
  • Aula Mentor
    • Aula Mentor é un programa de formación online non regrada, flexible e con titorización personalizada, dirixida a persoas maiores de 18 anos. Oferta un extenso catálogo de cursos cos que ampliar as competencias persoais e profesionais. Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional, que conta coa colaboración doutras institucións públlicas e privadas nacionais e internacionais. 
    • O prezo dos cursos é de 24€/mes
    • Até o 8 de abril ten aberta unha convocatoria gratuíta "Mentor en Aberto"
  • Cibervoluntarios, Formación en competencias e axudas sobre tecnoloxías dixitais
    • A fundación Cibervoluntarios ofrece axuda gratuíta on line sobre servizos, contidos ou ferramentas tecnolóxicas. Tamén achega acción gratuítas de ámbito tecnolóxico. Igualmente podes aportar os teus coñecementos facéndoche cibervoluntario
  • Coursera
    • Oferta cursos, especializacións, certificados, programas de titulación en liña  
  • Cursos 0.0 
    • Cursos 0.0 ofrece formación gratuíta de calidade para mellorar a vida persoal e profesional das persoas. A súa acción formativa vai dirixida tanto a persoas traballadoras coma en situación de desemprego. As áreas que abrangue van dende a Administración e Xestión, Comercio e Marketing, Hostalería e Turismo, Idiomas, Informática...
  • Cursos en Aberto da UNED
    •  Cursos do OCW da UNED que non requieren matrícula, son de acceso libre, no esixen pagos e non teñen data nin de inicio nin de fin.
  • Cursos FEMXA
    • FEMXA oferta formación dirixida prinicipalmenbte a traballadores ocupados e autónomos. Os cursos están subvencionados ao 100% polo Ministerio de Traballo e Economía Social. 
  • DKA
    • DKA ofrece máis de 250 cursos gratis online con certificado de participación de todos os sectores.
  • Easy Work
    • Plataforma de formación online de deseño industrial. Son formadores oficiais, certificados e distribuidores das ferramentas SolidWorks e DriveWorks. 
  • EDX 
    • Plataforma para a educación e a aprendizaxe fundada por Harvard e MIT.
    • Oferta máis de 2.500 cursos en liña de 140 institucións
  • Euroinnova
    • Euroinnova formación achega unha ampla oferta formativa bonificada para traballadores ou desempregados coa que completar, actualizar ou incorporar novas competencias e habilidades profesionais ao CV.
  • Fomento Profesional
    • O grupo Fomento Profesional está dedicado á formación e ao desenvolvemento e execución de produtos e servizos formativos, dirixidos a mellorar a situación profesional e laboral das persoas. Oferta formación en Administración / Economía, aeroportos, agrario, informática, turismo, sanitaria…
  • Foro de Formación
    • Portal de formación on line gratuíta que oferta cursos por sectores de acitivdade para traballadores ocupados, en ERTE e autónomos. 
  • Fundae, Fundación Estatal para a Formación no Emprego
    • Cursos gratuítos en competencias dixitais facilitados por grandes empresas tecnolóxicas
  • GRI, Consultora de Recursos Humanos especializados en Programas Integrais de Empreego, Programas de Recolocación e Transición Profesional
    • Cursos on line gratuítos subvecionados polo SEPE para traballadores en activo, ERTE ou ERE, e autónomos. No caso de non cubrirse as prazas polos colectivos anteriores poderían acceder persoas en situación de desemprego.
    • Ofertan formación nos seguintes sectores: Administración e xestión; Comercio e Marketing; Finanzas e Seguros; Gran Distribución; Hostalería e Turismo; Metal; Sanidade; Servizos ás empresas; e Servizos Medioambientais

Teleformación para o Sector Turístico

Novas Tecnoloxías

  • Cibervoluntarios, Formación en competencias e axudas sobre tecnoloxías dixitais
    • A fundación Cibervoluntarios ofrece axuda gratuíta on line sobre servizos, contidos ou ferramentas tecnolóxicas. Tamén achega acción gratuítas de ámbito tecnolóxico. Igualmente podes aportar os teus coñecementos facéndoche cibervoluntario
  • SmartPeme
    •  Servizo de información e asesoramento gratuíto, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), as Novas Tecnoloxías e a mellora da competitividade empresarial dependente da Deputación de Pontevedra. 
    • Durante o Estado de Alarma está a ofrecer os cursos na modalidade on-line

Mocidade

  • Plan de Formación de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia
    • 18 Cursos en liña relacionados para mocidade entre 16 e 35 anos
      • 11 cursos de formación dirixidos á xuventude
      • 7 cursos relacionados co voluntariado
    • Inscrición do mércores 8 ao luns 13 de abril