Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube
  • Convocatoria sesión plenaria nº 1/2023 de pleno ordinario do xoves, 26 de xaneiro de 2023

    26/01/2023

    Convocatoria sesión plenaria nº 1/2023 de pleno ordinario do xoves, 26 de xaneiro de 2023

  • Convocatoria sesión plenaria nº 2/2023 de pleno extraordinario do martes, 14 de marzo de 2023

    14/03/2023

    Convocatoria sesión plenaria nº 2/2023 de pleno extraordinario do martes, 14 de marzo de 2023

  • Programación Festas de San Telmo 2023

    31/03/2023

    Do 8 ao 17 de abril vanse celebrar en Tui as Festa de San Telmo 2023. Este é o programa previsto. 

  • Bando Espectáculo Pirotécnico de San Telmo 2023

    3/04/2023

    BANDO

    ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO FESTAS DE SAN TELMO 2023

    O concello de Tui ven celebrando dende hai anos un espectáculo pirotécnico de fogos artificiais como colofón dos actos das festas patronais na honra a San Temo. Este espectáculo realizarase nunha zona dos xardíns de Rosendo Troncoso, e terá lugar o luns día 17 de abril de 2023 ás 23:30h cunha duración prevista de 15 min.

    Debido a que esta festa de San Telmo está declarada como festa de interese turístico de Galicia, este espectáculo pirotécnico é contemplado todos os anos por multitude de persoas que se distribúen, principalmente, dende a praza do monumento ao Cabalo Salvaxe, ata as rúas Antero Rubín e Canónigo Valiño e ao longo do paseo Irmáns Álvarez Blázquez.

    Neste senso, o concello de Tui como organizador do evento, pon en coñecemento da veciñanza e do público en xeral, en especial aos titulares de vivendas e elementos arquitectónicos con valor artístico, histórico e social, e residentes nos lugares indicados, que ao longo do citado día haberá restricións de tráfico no ámbito da zona de seguridade de tirada dos fogos, e avisa da presenza das dotacións de Policía Local, voluntarios da Agrupación local de Protección Civil con motobomba e de ambulancia para atender calquera incidencia que se poida producir.

    Así mesmo, solicitamos ao público asistente ao espectáculo pirotécnico a máxima prudencia e atención ás indicacións de seguridade no transcurso do mesmo para evitar danos ás persoas e bens.

     

    En Tui, na data que se sinala á marxe.

    O Sr. Alcalde en funcións, Rafael Estévez Martínez

  • Bando Consulta Censo Electoral 28 de maio de 2023

    10/04/2023

    CONSULTA DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS CONVOCADAS PARA O 28 DE MAIO DE 2023

    D. Enrique Cabaleiro González, alcalde do Concello de Tui

    FAI SABER:

    O 19/05/2020 publicouse no Boletín Oficial do Estado número 80 o Real Decreto 207/2023, do 3 de abril, de convocatoria de eleccións locais para o 28 de maio de 2023.

    Tendo en conta as instrucións para servicios de consulta municipais remitidas pola Delegación Provincial do INE de Pontevedra (Rexistro de entrada nº 2023- E-RC-3010 do 10/04/2023).

    Tendo en conta que de conformidade co artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral: “Los ayuntamientos y consulados estarán obligados a mantener un servicio de consulta de las listas electorales vigentes de sus respectivos municipios y demarcaciones durante el plazo de ocho días, a partir del sexto día posterior a la convocatoria de elecciones. .../...”

    Comunícase que dende o día 10 de abril e ata o 17 de abril, ambos os dous incluídos, os electores poderán consultar os seus datos de inscrición no censo electoral.

    A consulta realizarase por medios informáticos, previa identificación do interesado. Teléfono de consulta Concello de Tui: 986603625 en horario de 9:00h a 14:00 h.

    Así mesmo infórmase que durante o citado periodo publicarase na Sede Electrónica do Concello de Tui relación de Mesas e Locais electorais enviada polo Censo Electoral.

  • Convocatoria sesión plenaria nº 3/2023 de pleno ordinario do xoves, 27 de abril de 2023

    27/04/2023
  • Convocatoria sesión plenaria nº 4/2023 de pleno extraordinario do martes, 2 de maio, de 2023

    2/05/2023

    Convocatoria sesión plenaria nº 4/2023 de pleno extraordinario do martes, 2 de maio, de 2023

  • Bando Fogueiras de San Xoán 2023

    25/05/2023
  • Modelo Solicitude Fogueiras de San Xoán 2023

    25/05/2023
  • Mesas Electorais Eleccións Xerais 23 de xullo de 2023

    5/06/2023

    Relación de locais e mesas electorais, cun cambio respecto ás eleccións locais do 28M. O local electoral de Ribadelouro NON será no centro cultural (ao cadrar coa fin de semana na que se celebran as festas da Magdalena). Trasládase á escola infantil do CRA de Ribadelouro en San Simón.

    Consultar o anuncio no BOPPO

  • Bando consulta censo electoral 23X

    5/06/2023
  • Convocatoria sesión plenaria nº 5/2023 de pleno extraordinario do mércores, 14 de xuño, de 2023

    14/06/2023

    Convocatoria sesión plenaria nº 5/2023 de pleno extraordinario do mércores, 14 de xuño, de 2023

  • Bando de Convivencia Cidadá

    12/06/2023

    Bando de Convivencia Cidadá

  • Convocatoria sesión plenaria sesión constitutiva da nova corporación municipal, sábado 17 de xuño de 2023

    15/06/2023

    Convocatoria sesión plenaria sesión constitutiva da nova corporación municipal, sábado 17 de xuño de 2023

  • Convocatoria sesión plenaria nº 8/2023 de pleno extraordinario do martes, 11 de xullo, de 2023

    11/07/2023
  • Resolución nomeamento membros xunta de goberno local 2023

    10/07/2023

    Resolución nomeamento membros xunta de goberno local 2023

Páxinas