Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube
  • Plan Antifraude - Plan de Prevención, detección, correción e persecución do fraude

    8/04/2022

    Plan Antifraude - Plan de Prevención, detección, correción e persecución do fraude

  • Plan Antifraude - Código ético e conduta dos empregados públicos

    8/04/2022
  • Plan Antifraude - Calendario compromiso de integridade e marco ético institucional na loita contra o fraude

    2/05/2022
  • Convocatoria sesión plenaria 4/2022 do xoves, 26 de maio de 2022

    26/05/2022

    Convocatoria sesión plenaria 4/2022 do xoves, 26 de maio de 2022

  • Bando Fogueiras de San Xoán 2022

    26/05/2022

    BANDO
    ENRIQUE CABALEIRO GONZÁLEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE TUI,

    FAI SABER QUE:

    Con motivo da celebración da festividade de San Xoán, e por medio do presente Bando, este Concello lembra á veciñanza as normas para a realización das tradicionais cacharelas de San Xoán.
    As normas e condicións de seguridade para a realización das cacharelas son as seguintes:

    1) Presentación no rexistro xeral do Concello, antes do próximo día 15/06/2022 ás 13,30 horas, ou na súa sede electrónica https://concellotui.sedelectronica.gal, especificando os seguintes datos:Nome e apelidos e DNI do solicitante.Enderezo.Compromiso de dispor no acto dun teléfono móbil en pleno funcionamento, con indicación na solicitude do seu número.Copia do D.N.I. dos responsables.Plano de situación con indicación e lugar.Memoria descritiva onde se definan as actuacións a desenvolverse así como o aforo máximo previsto.

    2) Deberán situarse en zonas idóneas para estes fins. Non poderán realizarse en terreos que teñan natureza forestal, ou que estean preto deles ou de vexetación susceptible de propagar o lume (Art. 36 da Lei 3/2007, de 9 de abril), nin baixo o arboredo de parques e xardíns.

    3) Presentación de póliza de seguro de responsabilidade civil nos termos da normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (Disposición transitoria terceira da lei 10/2017 de 27 de decembro).

    4) A distancia das fogueiras ás casas, árbores e demais obxectos será de 20 metros como mínimo. O diámetro máximo de zona de combustión da fogueira será de 4 metros de ancho cunha altura máxima de 2 metros. Non deberán situarse coches ou outros vehículos de tracción mecánica a menos da distancia mínima sinalada, nin por suposto, depósitos de combustible ou almacéns de substancias especialmente inflamables. Porase especial coidado de non situalas preto dunha zona forestal, nin baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, e ter conta de que nos arredores non haxan produtos inflamables.

    5) No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público lousados, asfaltados ou pintadas, os/as organizadores/as encargaranse de protexer o pavimento e pintura cunha capa de area de 10 cm. en toda a superficie da fogueira.

    6) Teranse a man mangueiras, extintores ou cando menos, auga con capacidade para uns 20 caldeiros, e os correspondentes caldeiros.

    7) Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, aceites ou calquera outra substancia que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays) aínda que estean baleiros. Tamén prohíbese facer fogueiras nas praias e preto de elementos que constitúen o patrimonio histórico, aos efectos de evitar calquera tipo de dano.

    8) O fogo deberá ser pequeno nun primeiro momento botarase a leña progresivamente e nunca superarán unha dimensión tal que impida sufocalos coa suficiente rapidez cós medios precisados no apartado sétimo.

    9) Disporase dunha pequena caixa de primeiros auxilios especialmente equipada para queimaduras.

    10) Deberá de terse a debida precaución de non situarse no lado oposto ao vento.

    11) As fogueiras quedarán completamente enterradas ou apagadas unha vez rematadas as celebracións.

    12) A hora límite para rematar a celebración é as 04:00 horas da madrugada, de acordo co horario establecido no Decreto da Xunta de Galicia, para a celebración de festas e romaría populares. Haberán de cumprirse as normativas sectoriais de ruído, lumes, horarios, etc.

    13) A organización terá que acatar as normas ou instrucións que poidan ditar a Policía Local ou outras Forzas ou Corpos de Seguridade, Protección civil ou Bombeiros.

    14) Ó remate da fogueira, e antes de abandonar o lugar desta, os/as responsables da organización coidaran que as cinzas queden totalmente apagadas, e procederán á limpeza inmediata do espazo autorizado.

    15) Queda prohibida a tirada de fogos de artificio sen a preceptiva autorización.

    16) En todos os casos, os/as solicitantes serán responsables directos dos danos que puideran ocasionar a terceiros.

    17) De existir algún contratempo darase inmediata conta aos Servizos de Urxencias (Protección Civil de Tui 619 455 936 e a Policía Local, telf.: 986 603677

    18) En caso de ter problemas deben chamar ao 085 (Bombeiros) ou 112 (Emerxencias) (chamada gratuíta).

    Mándao e asínao o Sr. Alcalde, en Tui.
    Documento asinado dixitalmente á marxe

  • Orden TMA/957/2021, de 7 de septiembre, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para a elaboración de proxectos piloto de plans de acción local da Axenda Urbana Española e a convocatoria para a presentación de solicitudes

    1/06/2022

    Orden TMA/957/2021, de 7 de septiembre, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para a elaboración de proxectos piloto de plans de acción local da Axenda Urbana Española e a convocatoria para a presentación de solicitudes

  • Extracto das Bases e Convocatoria proxectos piloto Axenda Urbana

    1/06/2022

    Extracto da Orde TMA/957/2021, de 7 de setembro de 2021, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para a elaboración de proxectos piloto de Plans de Acción local da Axenda Urbana Española e a convocatoria para a presentación desolicitudes para a obtención das subvencións polo procedimento de concorrencia competitiva.

     

  • Resolución provisional da convocatoria de axudas para a elaboración de proxectos piloto de plans de acción local da Axenda Urbana Española

    1/06/2022

    Resolución provisional da convocatoria de axudas para a elaboración de proxectos piloto de plans de acción local da Axenda Urbana Española

  • Notificación de proposta de resolución definitiva de concesión do Plan de Acción Local da Axenda Urbana

    1/06/2022

    Notificación de proposta de resolución definitiva de concesión do Plan de Acción Local da Axenda Urbana

  • Sesión plenaria extraordinaria nº5/2022

    30/06/2022

    A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 30 de xuño, ás 20 h sesión con carácter extraordinaria de pleno con 9 puntos na orde do día. 

    A) Parte resolutiva:
    1º.- Expediente 1049/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 7/06/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 18/2022 - Suplemento de Crédito 3/2022.
    2º.- Expediente 1017/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 17/06/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 19/2022 - Crédito Extraordinario 2/2022.
    3º.- Expediente 1350/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 17/06/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 26/2022 - Suplemento de Crédito 4/2022.
    4º.- Expediente 1351/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 17/06/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 27/2022 - Crédito Extraordinario 3/2022.
    5º.- Expediente 1352/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 17/06/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 28/2022 - Suplemento de Crédito 5/2022.
    6º.- Expediente 1353/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 17/06/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 29/2022 - Crédito Extraordinario 4/2022.
    7º.- Expediente 1332/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 23/06/2022, de aprobación do expediente de Recoñecemento Extraxudicial de Crédito 3/2022.
    8º.- Expediente 1267/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 20/06/2022, para solicitar á Consellería de Educación autorización administrativa previa á desafectación do edificio público escolar Unitaria de Caldelas-Baños do CRA Mestra Clara Torres.
    9º.-Expediente 795/2020. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 14/06/2022, relativa ao cambio de uso do equipamento de sistemas xerais EQ 210 polo uso como servizo público.

  • Bando reunión veciñanza Antero Rubín

    29/06/2022

    ASUNTO: PROXECTO HUMANIZACIÓN EN RÚA ANTERO RUBÍN

    D. ENRIQUE CABALEIRO GONZÁLEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE TUI,

    FAI SABER:
    Que ante a próxima execución das obras contidas no proxecto de HUMANIZACIÓN EN RÚA ANTERO RUBÍN, por medio da presente e co fin de informar ós veciños da citada rúa e afectados polas citadas obras, se lles convoca a unha reunión o vindeiro día 4 DE XULLO DE 2022, ás 20,30 HORAS nas instalacións da UNED (rúa Antero Rubín nº 3).

  • Resolución de Alcaldía de creación da Comisión Antifraude do Concello de Tui e designación de membros

    5/07/2022

    Resolución de Alcaldía de creación da Comisión Antifraude do Concello de Tui e designación de membros

  • Convocatoria sesión plenaria 6/2022 do xoves, 28 de xullo de 2022

    27/07/2022
  • Convocatoria sesión plenaria 7/2022 do venres, 2 de setembro de 2022, ás 9 h

    31/08/2022

    Convocatoria sesión plenaria 7/2022 do venres, 2 de setembro de 2022, ás 9 h

  • Convocatoria sesión plenaria nº 8/2022 de pleno ordinario do xoves, 29 de setembro de 2022

    29/09/2022
  • Convocatoria sesión plenaria nº 9/2022 de pleno ordinario do xoves, 24 de novembro de 2022

    24/11/2022

    Convocatoria sesión plenaria nº 9/2022 de pleno ordinario do xoves, 24 de novembro de 2022

Páxinas