Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube
  • LEVANTAMENTO SUSPENSIÓN DA CELEBRACIÓN DO MERCADO XOVES

    18/02/2021

    Decreto de Alcaldía: Levantamento suspensión da celebración do mercadillo semanal dos xoves  - 17022021

  • Convocatoria sesión nº 2/2021 de pleno ordinario do xoves, 25 de marzo de 2021

    22/03/2021

    Convocatoria sesión nº 2/2021 de pleno ordinario do xoves, 25 de marzo de 2021 ás 20 h

  • Anuncio resolución da Alcaldía de instalación e uso de videocámaras para o control, vixilancia e disciplina do tráfico rodado para o acceso ao Conxunto Histórico-Intramuros.

    18/05/2021

    Anuncio resolución da Alcaldía de instalación e uso de videocámaras para o control, vixilancia e disciplina do tráfico rodado para o acceso ao Conxunto Histórico-Intramuros.

  • Convocatoria sesión nº 3/2021 de pleno ordinario do xoves, 27 de maio de 2021

    27/05/2021

    Convocatoria sesión nº 3/2021 de pleno ordinario do xoves, 27 de maio de 2021

  • Convocatoria sesión nº 4/2021 de pleno ordinario do xoves, 29 de xullo de 2021

    26/07/2021

    Convocatoria sesión nº 4/2021 de pleno ordinario do xoves, 29 de xullo de 2021, a celebrar ás 20 h.

    Orde do día: 

    A) Parte resolutiva:

    1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior 3/2021 celebrada o día 27/05/2021.

    2º.- Toma de razón de escrito de renuncia da concelleira Maria del Pilar Besada Barahona (RE 2021-E-RC-4991) de 06/07/2021, e que se remita á Xunta Electoral Central para a remisión da credencial do correspondente concelleiro electo da lista que corresponda (Alejandro Manuel Carrera Barreira).

    3º.- Expediente 957/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 14/06/2021, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras contidas no “Proxecto básico e de execución de rehabilitación de vivenda unifamiliar” sito na rúa Antero Rubín, 16.

    4º.- Expediente 1590/2020. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 14/06/2021, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras contidas no “Proxecto básico e de execución de rehabilitación integral de vivenda unifamiliar entre medianeiras” sito na rúa Cuenca, 23.

    5º.- Expediente 937/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 20/05/2021, relativa á bonificación de ICIO por obras de afectado pola explosión de Paramos (ID 379).

    6º.- Expediente 1378/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da Alcaldía, de data 15/07/2021 de rectificación puntual do Inventario Xeral e do Patrimonio do Concello de Tui para incorporación de parcela cedida pola Entidade Local Menor de Pazos de Reis para a construcción do novo centro escolar de Pazos de Reis.

    7º.- Expediente 655/2018. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da Alcaldía, de data 08/07/2021 de posta a disposición á Consellería de Educación do terreo con destino á construción do novo centro escolar de Pazos de Reis.

    8º.- Expediente 972/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta do concelleiro delegado de Servizos Sociais e Medio Ambiente, de data 19/07/2021, de adhesión na "Red Estatal de Entidades Locales por el Compostaje Doméstico y Comunitario".

    9º.- Expediente 1460/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da Alcaldía, de data 19/07/2021, de aprobación inicial de Ordenanza reguladora das axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no ámbito da área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui.

    10º.- Expediente 1448/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da Alcaldía, de data 19/07/2021, do Convenio de colaboración co Concello de Salvaterra para a contratación do alugeiro dunha embarcación turística no marco do proxecto 0686_MINO_DESTINO_NAVEGABLE_1_E (INTERREG V-A España-Portugal 2014- 2020 (POCTEP) FEDER ).

    11º.- Expediente 365/2020. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/07/2021, favorable á proposta da Alcaldía, de 09/07/2021, relativo ao acordo sobre o novo texto do “Convenio entre la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. y el Ayuntamiento de Tui, para la Ejecución, Entrega, Mantenimiento y Conservación de las obras del proyecto de construcción de una Pasarela Peatonal en la Desembocadura del río Louro” e aprobación do proxecto de construción.

    12º.- Expediente 658/2021. Ditame da Comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 22/07/2021, favorable á proposta da Alcaldía, de data 16/07/2021, relativa á aprobación do expediente de contratación de servizos, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da prestación consistente no “Servicio de ayuda en el hogar. Prestación básica y dependencia (SAF)”.

    13º.- Expediente 1409/2021. Ditame da Comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 22/07/2021, favorable á proposta da Alcaldía, de data 19/07/2021, relativa á aprobación do expediente de contratación de servizos, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da prestación consistente no “Contrato de servizos de limpeza de dependencias”.

    14º.- Ditame da Comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 22/07/2021, favorable á proposta do Sr. Jose Manuel Palacín Rodríguez de asunción do escrito da Asociación Trans Miño de apoio ás persoas LGTBIQ+.

    15º.- Expediente 809/2021. Proposta da Concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 05/07/2021, relativa á aprobación da Conta Xeral do Exercicio 2020, así como os Estados e Contas anuais anexos á mesma. B) Actividade de control:

    16º.- Expediente 764/2021. Dación de conta información morosidade - PMP 1º trimestre 2021.

    17º.- Expediente 762/2021. Dación de conta información execución trimestral 1º trimestre exercicio 2021. Comunicación información LO 2/2012.

    18º.- Expediente 188/2020. Dación de conta do informe de Intervención de data 25/03/2021, relativa aos reparos emitidos pola Intervención municipal durante o exercicio 2020.

    19º.- Expediente 2705/2019. Dación de conta da resolución do Tacgal pola que se estima parcialmente o recurso interposto por PRACE, SERVICIOS Y OBRAS S.A. e SOGESEL DESARROLLO Y GESTIÓN S.L. contra a adxudicación da contratación da "concesión de obra pública para la redacción de proyecto, construcción y subsiguiente explotación de un aparcamiento subterráneo entre las calles Orense y Compostela(...)".

    20º.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía de nº 723 de 21/05/2021 ata o nº 1084 de 23/07/2021.

    C) Rogos e preguntas:

    21º.- Rogos e preguntas.

  • Convocatoria sesión nº 5/2021 de pleno ordinario do xoves, 30 de setembro de 2021

    30/09/2021

    Convocatoria sesión nº 5/2021 de pleno ordinario do xoves, 30 de setembro de 2021

  • Bandos Reunións informativas nas parroquias

    8/11/2021

    O equipo de goberno de Tui vai manter reunións nas distintas parroquias entre o 8 e o 23 de novembro co obxectivo de coñecer as necesidades de cada parroquia directamente dos veciños e veciñas. As persoas que acudan a xuntanza poderán formular as súas preguntas e rogos tanto ao alcalde, Enrique Cabaleiro, coma aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.

    • Luns 8 de novembro ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns
    • Martes 9 de novembro ás 20 h no Local do Sindicato de Malvas
    • Mércores, 10 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Randufe
    • Xoves, 11 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Baldráns
    • Venres, 12 de novembro, ás 20.15 h na Casa Cultural de Areas
    • Luns, 15 de novembro, ás 20.30 h na Casa Cultural de Guillarei
    • Martes, 16 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Paramos
    • Mércores, 17 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Ribadelouro
    • Venres, 19 de novembro, ás 20 h , na Macoca en Pazos de Reis -. APRAZADA
    • Luns, 22 de novembro, ás 20 h , na Casa Cultural de Pexegueiro
    • Martes, 23 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Caldelas
    • Mércores, 24 de novembro, ás 20 h , na Macoca en Pazos de Reis
  • Convocatoria Sesión Plenaria 6/2021

    25/11/2021

    Convocatoria da sesión 6/2021 de pleno ordinario da corporación municipal de Tui a celebrar o xoves, 25 de novembro de 2021

  • Aprobación inicial Ordenanza Zona Azul Gratuíta

    3/12/2021

    Aprobada inicialmente a ordenanza reguladora do estacionamento con horario limitado gratuíto (zona azul gratuíta) por acordo do Pleno de data 25 de novembro de 2021, queda exposto ó público xunto co texto da ordenanza que se insire a continuación, por un prazo de 30 días, a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, aos efectos de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que consideren oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
    Durante o devandito prazo poderá ser examinado polas persoas que teñan a condición de interesadas na páxina web do Concello de Tui e na súa sede electrónica:https://concellotui.sedelectronica.gal/board.

    De presentarse reclamacións en prazo, resolveranse expresamente polo Pleno da Corporación. No caso de que non se tivese presentado ningunha reclamación ou suxestión, este acordo elevarase automaticamente a definitivo, entrando en vigor a ordenanza unha vez aprobada definitivamente e publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei Reguladora das Bases do réxime Local.

  • Convocatoria sesión plenaria 1/2022 do xoves, 27 de xaneiro

    27/01/2022

    Convocatoria sesión plenaria 1/2022 do xoves, 27 de xaneiro de 2022, ás 20 h 

     

  • Concurso cartel anunciador das Festas de San Telmo 2022

    21/02/2022

    Convocado o Concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo 2022

     

  • Bando Reunión Pexegueiro domingo 6 de marzo de 2022

    2/03/2022

    O río Furnia é a xoia dos ríos galegos, a súa auga pura e cristalina, libre de contaminación, así o certifica. Baña as ribeiras das parroquias de Malvas e Pexegueiro do noso municipio e está ao alcance da man no Baixo Miño.

    Por esta razón, este equipo de Goberno está realizando o traballo previo para redactar un proxecto que permita executar unha senda que transcorra pola ribeira do Furnia ao seu paso por Malvas e Pexegueiro, poñendo así en valor esa zona e toda a súa riqueza patrimonial.

    Para isto, convocamos a unha reunión á veciñanza de Pexegueiro que sexa propietaria dalgunha parcela lindante coa marxe esquerda do Río Furnia no tramo correspondente ao seu paso por Pexegueiro, co fin de falar sobre o asunto e sobre as afeccións das parcelas.

    Data: 6 de marzo 2022

    Hora: 11:30 h

    Lugar: Centro Cultural de Pexegueiro

    Debido á importancia desta reunión para o futuro das parroquias de Malvas e Pexegueiro e en especial para os titulares das parcelas lindeiras coa marxe esquerda do Río Furnia, esperamos contar coa súa presenza.

    Na reunión adoptaranse todas as medidas de prevención e contención da Covid-19 (uso de máscara en todo momento).

  • Bando Reunión Malvas domingo 6 de marzo de 2022

    2/03/2022

    O río Furnia é a xoia dos ríos galegos, a súa auga pura e cristalina, libre de contaminación, así o certifica. Baña as ribeiras das parroquias de Malvas e Pexegueiro do noso municipio e está ao alcance da man no Baixo Miño.

    Por esta razón, este equipo de Goberno está realizando o traballo previo para redactar un proxecto que permita executar unha senda que transcorra pola ribeira do Furnia ao seu paso por Malvas e Pexegueiro, poñendo así en valor esa zona e toda a súa riqueza patrimonial.

    Para isto, convocamos a unha reunión á veciñanza de Malvas que sexa propietaria dalgunha parcela lindante coa marxe esquerda do Río Furnia no tramo correspondente ao seu paso por Malvas, co fin de falar sobre o asunto e sobre as afeccións das parcelas.

    Data: 6 de marzo 2022

    Hora: 10:00 h

    Lugar: Antiga escola de Malvas

    Debido á importancia desta reunión para o futuro das parroquias de Malvas e Pexegueiro e en especial para os titulares das parcelas lindeiras coa marxe esquerda do Río Furnia, esperamos contar coa súa presenza.

    Na reunión adoptaranse todas as medidas de prevención e contención da Covid-19 (uso de máscara en todo momento).

  • Convocatoria sesión plenaria 2/2022 do xoves, 31 de marzo de 2022

    29/03/2022

    Convocatoria sesión plenaria 2/2022 do xoves, 31 de marzo de 2022

  • Convocatoria de sesión nº3/2022 de Pleno Extraordinario

    12/04/2022

    A corporación municipal de Tui celebrará pleno con carácter extraordinario, a sesión 3/2022, o martes, 19 de abril, ás 9 h cun único punto na orde do día. 

  • Bando espectáculo pirotécnico Festas de San Telmo 2022

    19/04/2022

Páxinas