Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Trazar as liñas mestras da ordenación do territorio, e autorizar as actuacións permitidas en cada ámbito son as tarefas básicas do Urbanismo municipal, pero mais aló deste labor fundamental en calquera cidade, o urbanismo busca tamén conseguir que a vida dos cidadáns se desenvolva nun entorno amable e cómodo. Unhas rúas cada vez mais humanizadas, no sentido mais estrito da verba, pensadas, deseñadas e realizadas para o día a día das persoas. O conxunto Histórico de Tui co seu Plan Especial é unha das máximas preocupacións urbanísticas da cidade. Buscar que o casco urbano creza de xeito ordenado e atractivo e que o rural sexa un espazo harmonioso e que conserve o seu patrimonio é  misión fundamental do urbanismo municipal.

MODELOS E SOLICITUDES URBANÍSTICAS

As vivendas tudenses situadas no Camiño Portugués, pero fóra do conxunto histórico, poden acollerse as axudas establecidas pola Xunta

Undefined

As vivendas situadas no trazado do Camiño Portugués ao seu paso por Tui e que se atopen fóra do Conxunto Histórico poderán solicitar as axudas establecidas pola Xunta dentro da convocatoria para a Área de Rehabilitación dos Camiños de Santiago.

En concreto as actuacións subvencionables son as destinadas a adecuar as edificacións á normativa vixente (seguridade, protección fronte a auga, instalacións, adecuación ao entorno e protección do patrimonio, etc); obras de mellora da eficiencia enerxética; e obras para mellorar as condicións de accesibilidade.

A mellora de infraestruturas, o embelecemento da cidade, e a recuperación do patrimonio centran os proxectos do Plan Concellos 2017

Undefined

A mellora de infraestruturas coma instalacións municipais e viais, o embelecemento da cidade, e a recuperación do patrimonio  centran os proxectos que o concello de Tui está a executar con cargo ao Plan Concellos 2017, do que recibe un millón de euros da Deputación de Pontevedra.

A Oficina de Rehabilitación do Concello ultima a memoria das actuacións a realizar ao abeiro da prórroga do Plan Estatal 2013/2016

Undefined

A Oficina de Rehabilitación do Concello de Tui traballa estes días na redacción da memoria xustificativa da achega de 71.778€ que lle foi concedida a Concello de Tui dentro da prórroga do Plan Estatal 2013-2016 para Áreas de Rehabilitación Integral.

Este investimento terá por obxectivo a realización da obras de conservación, habitabilidade e accesibilidade en inmobles destinados a vivendas situados no conxunto histórico, San Domingos e San Bartolomeu  que deberán estar concluídas antes de decembro de 2018.

A Oficina de Rehabilitación do Concello Tui informa e asesora sobre axudas e subvencións para promover a rehabilitación do conxunto histórico

Undefined

Dende comezos deste mes de xullo está en funcionamento no Concello de Tui a Oficina de Rehabilitación dependente da Concellería de Patrimonio. O seu obxectivo promover a rehabilitación do núcleo histórico, tanto na súa dimensión física como na revitalización social, económica e cultural.  Para iso ofrécese información sobre as distintas liñas de axudas ou subvencións existentes en cada momento, e asesórase aos interesados, tanto veciños do conxunto histórico coma doutras zonas da cidade, na presentación da correspondente solicitude.

Última fin de semana da fase de proba da peonalización do conxunto histórico

Undefined

Esta é a última fin de semana da fase de proba do Plan de Peonalización do conxunto histórico de Tui que se puxo en marcha o 2 de xuño. Nesta primeira fase aplícase dende os venres ás 16h até os luns ás 8h. A peonalización pasará a ser definitiva a partir do venres 30 de xuño ás 16h, segundo avanzou a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez.

O Paseo da Corredoira será peonil os sábados e domingos nos meses de xullo e agosto

Undefined

Dende mañá sábado 1 de xullo o Paseo da Corredoira, no tramo comprendido entre o cruzamento coa rúa Rosa Bahamonde e os soportais pasará a ser peonil dende o sábados ás 00h ata os domingos ás 23.59h durante os meses de xullo e agosto. Deste xeito na época estival búscase ofrecer aos cidadáns e visitantes un espazo de paseo, de convivencia, no que amais os nenos poderán xogar, e disfrutar ao aire libre.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Urbanismo