Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Carreira Popular Solidaria de San Telmo II Memorial Xosé Tato

O sábado 11 de abril celebrarase a Carreira Popular Solidaria de San Telmo II Memorial Xosé Tato organizada conxuntamente polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui. 

O prazo de inscrición está aberto dende o mércores, 11 de marzo, e até o martes 7 de abril  nas distintas categorías. A distancia, oscilará entre os 6.225 m da categoría absoluta e os 80 m dos pitufos. 

Festas de San Telmo 2026

Tui celebrará as súas festas patronais na honra a San Telmo do 4 ao 13 de abril, cun amplo programa de actividades que incluirá actos culturais e deportivos, concertos, verbenas, eventos gastronómicos, actos relixiosos... No marco da programación celebrarase a gala de entrega dos premios Cidade de Tui. 

Esta é a programación deste 2026 nas festas de SanTelmo:

O tudense Carlos Fer é o autor do cartel das festas de San Telmo 2026

Undefined

O tudense Carlos Fer é o autor do cartel das festas de San Telmo 2026. O Concello de Tui, continuando a liña de anos anteriores encargou a un artista local o deseño da imaxe das festas patronais que se van celebrar do 4 ao 13 de abril.  Así o nome de Carlos Fer súmase ao Víctor Aparicio e Carlos Lago que teñen realizado o cartel dos festexos nos últimos anos.

O Concello de Tui aposta así por unha banda por visibilizar a artistas locais, e por outra por reflectir nas imaxes das festas a visión dun ou dunha tudense.

O luns 16 abre o prazo de presentación de solicitudes para a montaxe de postos e atraccións nas festas de San Telmo 2026

Undefined

O próximo luns, 16 de febreiro, ábrese o prazo de solicitude para a instalación de atraccións de feira e outros postos Espazo Feiral (sito na rúa Mártires de Sobredo), durante as festas patronais de San Telmo en Tui. Celebraranse do e 2 ao 14 de abril de 2026.

O prazo de presentación das solicitudes será de 10 días naturais, dende o luns, 16 de febreiro ata o venres, 25 de febreiro de 2026, ambos incluídos.

Páxinas

Subscribirse a RSS - San Telmo