Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns 16 abre o prazo de presentación de solicitudes para a montaxe de postos e atraccións nas festas de San Telmo 2026

14/02/2026

O próximo luns, 16 de febreiro, ábrese o prazo de solicitude para a instalación de atraccións de feira e outros postos Espazo Feiral (sito na rúa Mártires de Sobredo), durante as festas patronais de San Telmo en Tui. Celebraranse do e 2 ao 14 de abril de 2026.

O prazo de presentación das solicitudes será de 10 días naturais, dende o luns, 16 de febreiro ata o venres, 25 de febreiro de 2026, ambos incluídos.

A presentación das solicitudes xunto coa documentación necesaria poderá facerse a través do rexistro electrónico do Concello de Tui (http://concellotui.sedelectronica.gal), no rexistro xeral de documentos do Concello, ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de
procedemento administrativo común das administracións públicas.

  • As atraccións ás que accede e monta o público, deberán cubrir o Anexo I.
  • As atraccións itinerantes de feira ás que non accede público, tales como casetas de tiro con arco, tómbolas, máquinas automáticas ou postos de expedición de produtos, deberán cubrir o Anexo II.
  • Os postos de venda ambulante deberán cubrir o modelo de Anexo III.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, procederase á revisión da documentación presentada. A documentación que non conste presentada será requirida para que se aporte no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do requirimento.

O criterio de selección principal será a orde de rexistro de entrada no Concello de Tui coa documentación completa, aínda que sobre este criterio, terase en conta a non reiteración de atraccións ofertadas, as atraccións novidosas, a estética das atraccións, todo isto debidamente motivado, e que redunde no beneficio das Festas de San Telmo 2026 e o interese público.

En ningún caso poderán montar aquelas persoas titulares da atracción que teñan algunha débeda co Concello de Tui unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.

A montaxe das atraccións realizarase previsiblemente os días 30 e 31 de marzo. O 1 de abril as atraccións deberán estar montadas para proceder á revisión das condicións técnicas das atraccións por parte dunha ECCOM. No caso de que, por motivos alleos ao Concello de Tui, a atracción non estea completamente lista para a súa inspección o día 1 de abril, a parte da atracción instalada deberá ser desmontada ese mesmo día.

Os titulares dos postos e das atraccións deberán obrigatoriamente engancharse ao fío musical instalado polo concello, para evitar un impacto acústico fora dos decibelios permitidos pola normativa. Así mesmo, cando se celebre algún concerto ou actuación no recinto feiral, ou cando así o indique persoal
empregado do Concello de Tui, non poderá haber música exterior que emane de outras atraccións ou postos, para evitar o solapamento de música coa actuación.

Para garantir o descanso da veciñanza, márcanse os seguintes horarios de peche:

  • Os días 2, 3 e 4 de abril, a hora de peche establécese as 02:00 h
  • Os días 5 de abril, a hora de peche establécese as 0:00 h
  • Os días 6, 7, 8 e 9 de abril, a hora de peche establécese as 23:00 h
  • Os días 10, 11, 12 e 13 de abril a hora de peche establécese as 02:00 h

A continuación pode consultarse o procedemento, a documentación requirida e os anexos:

San Telmo 2026 Procedemento para a presentación das solicitudes para a colocación dun posto/atracción nas Festas San Telmo 2026

San Telmo 2026 Anexo I - Solicitude e declaración responsable para instalación de atraccións con público (word)

San Telmo 2026 Anexo I - Solicitude e declaración responsable para instalación de atraccións con público (pdf)

San Telmo 2026 - Anexo II Solicitude e declaración responsable para instalación de atraccións sen público (pdf)

San Telmo 2026 - Anexo II Solicitude e declaración responsable para instalación de atraccións sen público (word)

San Telmo 2026 - Anexo III Solicitude e declaración responsable para instalación dun posto de venda ambulante (pdf)

San Telmo 2026 - Anexo III Solicitude e declaración responsable para instalación dun posto de venda ambulante (word)