Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Festas de San Telmo 2026

Data: 
4/04/2026
Lugar: 
Tui

Tui celebrará as súas festas patronais na honra a San Telmo do 4 ao 13 de abril, cun amplo programa de actividades que incluirá actos culturais e deportivos, concertos, verbenas, eventos gastronómicos, actos relixiosos... No marco da programación celebrarase a gala de entrega dos premios Cidade de Tui. 

Esta é a programación deste 2026 nas festas de SanTelmo:

Sábado 4 de abril

  • 12.00h – 15.30h e 20.00h – 23.00h Na praza da Inmaculada V Encontro de Viños da Raia.
  • Degustación de brancos, tintos e espumosos e maridaxes.
  • 12.00h – 14.00h Na praza da Inmaculada, Xigantes e Cabezudos co grupo de gaitas San Fins de Rebordáns.
  • 12.45h – 13.15h Na praza da Inmaculada, lectura do Pregón a cargo de Marián Mouriño, Presidenta do Real Club Celta.
  • 18.30h – 20.00h No Teatro Municipal, VI Gala “Premios Cidade de Tui”.
  • 20.00h – 21.00h Na Sala de Exposicións, inauguración “TYDE F.C. Un século de historia”.
  • 20.00h – 22.00h Na Corredoira, actuación da Charanga Cantos Somos.
  • 21.30h – 23.30h No Espazo Feiral, actuación de Puño Dragón.
  • 00.00h – 02.00h No Espazo Feiral, actuación de La Fuga. 

Domingo 5 de abril 

  • 12.00h – 15.30h e 20.00h – 23.00h Na praza da Inmaculada V Encontro de Viños da Raia.
    • Degustación de brancos, tintos e espumosos e maridaxes.
  • 12.00h – 14.00h Na Corredoira, actuación da Charanga A tu Ritmo.
  • 12.30h – 13.30h Na Corredoira, actuación da Banda de Música Popular de Tui.
  • 17.00h – 19.30h No Teatro Municipal, Festival Folclórico.   
    • Participan Xuntanza (Randufe), Darraia (Tui), Santa Columba (Ribadelouro), San Telmo (Tui), Traxe Tradicional (Tui), Seixos Albos (Areas), Lembranzas da Terra (Guillarei), Inquedanzas (Pazos de Reis), e O Mosteiro (Pexegueiro).
  • 18.00h – 19.00h Na Corredoira, actuación da Agrupación Musical Atlántida de Matamá, Vigo.
  • 19.00h – 20.00h Pasarrúas pola Corredoira, Verme Lambón de Barafunda. 
  • 19.30h – 21.30h No Espazo Feiral, actuación de Ñu.
  • 20.00h – 22.00h Na Corredoira, actuación da Charanga A tu Ritmo.
  • 21.30h – 23.00h No Espazo da rúa Camilo José Cela, actuación de The Pileidis. 

Luns 6 de abril 

  • 16.30h – 17.00h Na Residencia San Telmo, actuación da Coral Ponte das Febres.
  • 18.00h – 19.15h No Teatro Municipal, concerto familiar de Uxía Lambona e a Banda Molona con “Eih!! Carballeira”.
  • 19.30h – 20.00h No Espazo da rúa Camilo José Cela, actuación da CAI con “Ferro e Fío”.

Martes 7 de abril 

  • 16.30h – 17.00h Na Residencia Paz e Ben, actuación da Coral San Telmo.
  • 18.00h – 19.15h No Espazo da rúa Camilo José Cela, demostración do alumnado da Escola de Danza Paula Cobián.
  • 21.00h – 22.00h No Teatro Municipal, XVI Semana de Teatro Amador co grupo San Fins de Rebordáns. Estrea de “Ultramarinos Norte”.

Mércores 8 de abril

  • 16.30h – 17.00h No Centro de Día Amoralia, actuación da Coral do Centro Sociocomunitario Tui.
  • 18.00h – 19.15h No Espazo da rúa Camilo José Cela, concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Tui – CMUS Tui.
  • 21.00h – 22.20h No Teatro Municipal, XVI Semana de Teatro Amador co grupo A Insua de Caldelas. Estrea de “Error 404”.

Xoves 9 de abril 

  • 18.00h – 19.15h No Espazo da rúa Camilo José Cela, concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Tui – CMUS Tui.  
  • 21.00h – 22.20h No Teatro Municipal, XVI Semana de Teatro Amador co grupo Aloia de Pazos de Reis. Estrea de “Taxi”

Venres 10 de abril

  • 18.00h – 19.15h No Espazo da rúa Camilo José Cela, actuación de circo Henriko con Todotrucazos.
  • 21.00h – 22.25h No Teatro Municipal, XVI Semana de Teatro Amador co grupo Xuntanza de Randufe. Estrea de “Tres porquiños”.
  • 21.00h – 22.00h Na rúa Compostela, actuación de Claxxon.  
  • 22.00 – 0.00h No Espazo Feiral, Foliada.
  • 00.00h – 2.00h Na rúa Compostela, actuación de Claxxon.

Sábado 11 de abril

  • 10.00h – 13.30h Dende a Corredoira, saída e chegada da Carreira Popular. Club Atletismo Tui.
  • 12.00h – 14.00h Na Corredoira, actuación da Charanga Cantos Somos.
  • 16.00h En San Bartolomeu, Concentración Cabalar.
  • 18.00h – 19.15h No Espazo da rúa Camilo José Cela, actuación de Samuel Moreno con Etéreo.
  • 19.00h – 20.00h Na Corredoira, pasarrúas de Pulpiño Viascón con A Trikimachín
  • 22.00h – 01.00h No Espazo Feiral, actuación de La Banda de Ayer.
  • 21.30h – 23.00h No Espazo da rúa Camilo José Cela, actuación de Ola de Calor.
  • 01.00h – 03.00h No Espazo Feiral, Tui Mix. Apertura con Komojo. Actuación principal El Virtual. Peche Overdose Records DJs con Kaixo, Wabii & Denzo, Xiari. 

Domingo 12 de abril

  • 10.00h En San Bartolomeu, Concentración Cabalar.
  • 12.00h – 14.00h En San Bartolomeu, actuación da Charanga A tu Ritmo.
  • 12.15h – 12.45h Dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Fernando, desfile exaltación do traxe tradicional a cargo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.
  • 12.30h – 13.30h Na Corredoira, actuación da Banda de Música Municipal de Ribadumia.
  • 18.00h – 19.00h Na Corredoira, actuación da Banda de Música Popular de Tui.
  • 19.00h – 20.30h Na Corredoira, pasarrúas de PistaCatro con Mimo Circus Party.
  • 19.30h – 21.00h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Satélites.
  • 20.00h – 22.00h Na Corredoira, actuación da Charanga Cantos Somos.
  • 21.30h – 23.00h No Espazo da rúa Camilo José Cela, actuación do grupo The Sibaritas.
  • 22.00h – 23.30h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Satélites.
  • 23.30h – 2.30h No Espazo Feiral, actuación de Panorama City.

Luns 13 de abril - Luns de San Telmo  (festivo local)

  • 10.00h En San Bartolomeu, Concentración Cabalar.
  • 10.30h – 12.00h Na S.I. Catedral Misa na Honra a San Telmo e Procesión pola Coronilla.
  • 12.30h – 13.30h Na Corredoira, concerto da Banda Xuvenil de Tui.
  • 18.00h – 20.00h Na praza da Inmaculada, Xigantes e Cabezudos co grupo de gaitas Lembranzas.
  • 18.00h – 19.00h No Teatro Municipal, concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar Marín.
  • 19.00h – 21.00h No Espazo Feiral, verbena con París de Noia.
  • 19.15h – 20.00h Dende a rúa Augusto González Besada ata a praza de San Telmo, entrada concerto da Banda de Guerra e Guión da BRILAT, homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
  • 21.00h – 22.30h Dende a S.I. Catedral e polas rúas de Tui, solemne Procesión de San Telmo e ofrenda a San Telmo.
  • 22.30h – 23.00h Dende a praza do Concello ata a praza da Inmaculada, desfile despedida das agrupacións musicais participantes na solemne Procesión de San Telmo.
  • 23.30h – 23.45h Dende o Paseo Familia Álvarez Blázquez, tirada de Fogos Piromusicais.
  • 0.00h – 1.00h No Espazo Feiral, verbena con París de Noia.