Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Carreira Popular Solidaria de San Telmo II Memorial Xosé Tato

Data: 
11/04/2026
Lugar: 
Tui

O sábado 11 de abril celebrarase a Carreira Popular Solidaria de San Telmo II Memorial Xosé Tato organizada conxuntamente polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui. 

O prazo de inscrición está aberto dende o mércores, 11 de marzo, e até o martes 7 de abril  nas distintas categorías. A distancia, oscilará entre os 6.225 m da categoría absoluta e os 80 m dos pitufos. 

A inscrición é gratuíta. Dado o carácter solidario da proba no momento de recollida do dorsal realizarase a “Operación Kilo” coa entrega de 1 quilo de alimentos non perecedoiros que serán doados a SOS Tomiño - Baixo Miño.

Regulamento.

Categoría Ano Nacemento Horario Distancia
Xuvenil – Junior 2007/2010 11.00h 6225 m.
Senior entre 1991 e 2006 11.00h 6225 m.
Veterán A entre 1981 e 1990 11.00h 6225 m.
Veterán B 1980 ou anterior
 
11.00h 6225 m.
Cadete 11/12 12.00h 1600 m.
Infantil 13/14 12.00h 1600 m.
Alevín 15/16 12.15h 700 m.
Benxamín 17/18 12.30h 350 m.
Prebenxamín 19/20 12.45h 175 m.
Pitufos 21/22/23 13.00h 80 m.