Exposición "Monte Aloia, a creación dun lugar"
"Monte Aloia, a creación dun lugar" é o título da exposición que dende o luns 24 ata o venres 4 de xaneiro poderá visitarse na Sala Xacobeo da Área Panorámica.
A mostra, organizada co gallo do corenta aniversario do Monte Aloia coma Parque Natural, busca recoñecer a figura e o papel desempeñado polo enxeñeiro Rafael Areses como gran impulsor deste espazo natural.




