Presentación das Guías Turísticas das Xuderías en Santiago de Compostela
29/06/2021
Este xoves, 1 de xullo, ás 12:30 h no Parador Hostal Reis Católicos en Santiago de Compostela, preséntanse as Guías Turísticas das Xuderías de Tui, Monforte de Lemos e Ribadavia, as tres cidades que forman parte en Galicia da Red de Juderías de España.
No acto participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, e a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez. Tamén asistirán a xerente da Red de Juderías, Marta Puig, xunto á autora das guías, Alejandra Abulafia e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.