Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Resumo axudas compra vivenda no centro histórico de Tui - Ampliación Prazo

31/08/2021
Áreas: 
Patrimonio e Conxunto Histórico

AXUDAS PARA COMPRA DE VIVENDA NO CENTRO HISTÓRICO DE TUI
PERSOAS BENEFICIARIAS
• Persoas físicas maiores de idade, que adquiran unha vivenda construída (nova, usada ou que vaia ser obxecto de rehabilitación) no ámbito do Plan Especial de Protección Histórico-Artístico de Tui.
REQUISITOS XERAIS
• Ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 un contrato privado ou, se é o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.
• Estar empadroado na vivenda, ou en caso de rehabilitación, empadroarse no momento da finalización das obras.
• Ingresos anuais da unidade de convivencia: ata 6,5 veces o IPREM.
• Compromiso de que a vivenda vai constituír a súa residencia habitual e permanente por un prazo de, polo menos, cinco anos.
• A persoa solicitante e demais persoas da súa unidade de convivencia non poderán ser propietarias ou usufrutuarias doutra vivenda no territorio español. *
• O prezo de adquisición da vivenda será como máximo o previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado situadas na zona I do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, computando unha superficie útil de 120 m2.
CONTÍA DAS AXUDAS **
• Menores de 35 anos, ata 12.800 €, como máx. o 20% do prezo da vivenda.
• Maiores de 35 anos, ata 10.800 €, como máx. o 20% do prezo da vivenda.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
• Anexo I, de solicitude.
• Anexo II, de declaración de composición da unidade de convivencia.
• Anexo III, de declaración da persoa solicitante e unidade de convivencia. En caso de non presentar a declaración de IRPF, acompañarase, en cada caso:
 Certificado de retribucións e retención de empresas.
 Certificado de pensións ou prestacións.
• Escritura pública da adquisición da vivenda, ou contrato privado de adquisición de vivenda, no caso de non dispoñer da primeira.
• Informe técnico acreditativo de que a vivenda adquirida non é susceptible de ser habitada, sen acometer as pertinentes obras de rehabilitación.
• Certificado de empadroamento de todas as persoas empadroadas na vivenda, salvo que a vivenda sexa para rehabilitar.
• Certificado emitido polo concello de que a vivenda está situada no ámbito dun centro histórico.
SOLICITUDES, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
 En formato papel: Portelo Rexistro Concello Tui.
 Vía electrónica (https://sede.xunta.gal), no procedemento VI400A.
• Prazo de solicitude: Ata o 15/10/2021, ou esgotamento de crédito.
• Prazo de xustificación: Ata o 30/11/2021.