Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O conxunto histórico tudense, o segundo en importancia e tamaño de Galicia, é o máximo expoñente do patrimonio tudense. As rúas vellas de Tui gardan auténticos tesouros mais aló das impoñentes construcións ou das pequenas vivendas que se agrupan nel. Escudos, brasóns, inscricións fan do conxunto histórico de Tui, declarado Ben de Interese Cultural, un lugar para coñecer, aprender e descubrir. Pero outros moitos puntos do centro urbano e das parroquias atesouran outros elementos destacados moitos deles vinculados á cultura popular e do patrimonio relixioso.

Día Mundial do Turismo

Tui súmase a celebración do Día Mundial do Turismo que ten lugar o 27 de setembro. Este é o programa previsto:

PROGRAMA

Domingo, 27 setembro
Percorrido polos muíños do Tripes
10,00 h. Saída no Tren Turistico dende Praza da Inmaculada.
Duración aproximada da visita: 2 horas
Finaliza no muíño Mañoco
30 prazas, cómpre inscrición previa no correo electrónico turismo@tui.gal 

Tui reflexiona sobre as posibilidades do territorio no futuro post-covid co gallo do Día Mundial do Turismo

Undefined

Este domingo, 27 de setembro, celébrase o Día Mundial do Turismo. Este ano celébrase baixo o lema “O turismo e o desenvolvemento rural” que quere expresar a capacidade excepcional do turismo para crear oportunidades no ámbito non urbano e coma instrumento eficaz para a preservación do patrimonio cultural e natural.

Tui contará con 48.400€ para axudas á rehabilitación da Fase 14ª da ARI

Undefined

O Concello de Tui recibirá 48.400€ da Xunta de Galicia correspondentes ao fondos de 2020 da Fase 14ª para a Área de Rehabilitación Integral do Conxunto Histórico de Tui.

O Concello de Tui, tras recibir a comunicación desta achega, xa trasladou ao Instituto Galego de Vivenda e Solo as actuacións previstas, presentando a documentación acreditativa e a memoria do programa das actuacións. No reparto de fondos tívose en conta o grado de cumprimento dos obxectivos asignados en anteriores consignacións.

Esta fin de semana continúan as actividades das Xornadas Europeas da Cultura Xudía na Eurocidade Tui – Valença

Undefined

Esta fin de semana a Eurocidade Tui - Valença continúa a celebrar diferentes actividades, ao abeiro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, para a divulgación do amplo patrimonio vinculado á presenza histórica da comunidade xudía en ambas cidades transfronteirizas.

A Eurocidade Tui – Valença participa nas Xornadas Europeas da Cultura Xudía

Undefined

A programación das Xornadas Europeas da Cultura Xudía da Rede de Xuderías de España, inclúe actividades e eventos para todos os públicos, que se desenvolverán en Tui e Valença, baixo a denominación de: “Rutas Serfardís”.

Esta mañá a Sala de Concelleiros da Casa do Concello de Tui acolleu a presentación das “Rutas Sefardís”. Un programa de actividades para conmemorar as Xornadas Europeas da Cultura Xudía, que correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Turismo e Patrimonio,  Laureano Alonso xunto co vereador de Cultura da Cámara de Valença, José Monte.

A posta en valor dos petróglifos de Randufe permitiu descubrir novos gravados

Undefined

Un total de catorce rochas con petróglifos realizados dende o Neolítico á época moderna conforman o conxunto situado no Alto do Coello, Fontiñas e Rozacús, en Randufe. Nun proxecto do Concello de Tui, financiado pola Deputación de Pontevedra, e coa colaboración da Comunidade de Montes de Randufe, a empresa Árbore Arqueoloxía e Restauración levou a cabo a súa limpeza a posta en valor.

Visita á posta en valor dos petróglifos de Fontiñas, Alto do Coello e Rozacús en Randufe

Undefined

Mañá xoves, 27 de agosto, ás 19 h, realizarase unha visita ao conxunto dos petróglifos de Fontiñas, Alto do Coello e Rozacús, en Randufe, onde vén de rematar a súa posta en valor. 

No acto participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, o presidente da Comunidade de Montes de Randufe, Ramón Martínez, e representantes de Árbore Arqueoloxía e Restauración. 
 

O número 6 da revista Castellum Tyde achega once artigos e dúas crónicas de actividades

Undefined

 Esta mañá presentouse na casa do concello de Tui o número 6 de revista “Castellum Tyde” publicada polo Instituto de Estudos Tudenses, IET, co patrocinio do Concello de Tui. No acto estiveron presentes o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o presidente do Instituto de Estudos Tudense, Xabier Añoveros.

Ampliado até o 5 de agosto o prazo para solicitar as axudas da ARI

Undefined

Até o 5 de agosto ampliouse o prazo de presentación de solicitude de axudas para reformas, rehabilitación, mantemento e mellora das vivendas situadas dentro da Área de Rehabilitación Integral de Tui.  O prazo rematara inicialmente o 19 de maio, pero tendo en conta a declaración do estado de alarma dende o Concello decidiuse ampliar o mesmo en case dous meses máis.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Patrimonio e Conxunto Histórico