Programa “Coñece o noso Patrimonio”

Data:
20/08/2024
Lugar:
Tui
O Instituto de Estudios Tudenses retoma, tras o éxito do ano pasado, o seu programa denominado “Coñece o noso patrimonio” que comprende un total de seis visitas guiadas a elementos patrimoniais tudenses a cargo de especialistas do propio Instituto. Este programa, a desenvolver neste mes de xullo e no de agosto, conta coa colaboración da concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui.
O aforo para estas visitas é limitado. É preciso inscribirse de forma gratuíta no correo biblioteca@tui.gal indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e visita elixida. Débese enviar unha mensaxe por cada ruta na que se desexe participar.
Programa Coñece o noso Patrimonio
- Luns, 15 de xullo, ás 20.30 h
- “Da Glorieta á ponte internacional, paseando con outra mirada” por Rafael Sánchez Bargiela, historiador
- Inicio Glorieta de Vigo
- Martes, 23 de xullo, ás 20.30 h
- “Arqueoloxía no Alto do Coello y Rozacús” por Benito Vilas, arqueólogo
- Inicio Alto do Coello – Randufe
- Mércores, 31 de xullo, ás 20.30 h
- “El proceso constructivo de la catedral tudense a través de su exterior” por Marta Cendón Fernández, profesora da USC.
- Inicio fachada norte da Catedral (rúa Párroco Manuel Rodríguez Vázquez).
- Xoves, 8 de agosto, ás 20.30 h
- “Transformacións da cidade de Tui a través dos seus recintos amurallados” por Juan José Perles Fontao, arqueólogo.
- Inicio Praza do Concello
- Martes, 13 de agosto, ás 20.00 h
- “Santo Domingo de Tui, ejemplo de arquitectura mendicante en Galicia “ por Carmen Manso Porto, da Real Academia de la Historia
- Inicio Igrexa de San Domingos
- Martes, 20 de agosto, ás 20.00 h
- "Evolución urbana de Tui: do burgo altomedieval á cidade de Fernando II" por Suso Vila, doutor en Historia da Arte pola USC
- Inicio Oficina Municipal de Turismo (Paseo da Corredoira).