Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

Presentación das actividades deportivas da Eurocidade

Undefined

Estes xoves, 2 de febreiro, ás 11 hora española terá lugar nos Paços do Concelho de Valença a presentación do programa de actividades deportivas da Eurocidade Tui-Valença para 2017.

Comparecerán ante os medios de comunicación o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o director rexional do I.P. D. J, Instituto Português do Desporto e da Juventude.  

A Eurocidade Tui-Valença premio do Deporte Galego 2012

Undefined

A Xunta de Galicia acordou a concesión á Eurocidade Tui-Valença Tui, do Premio do Deporte Galego 2012, na categoría do programa Galicia Saudable. Este recoñecemento valoriza o carácter pioneiro da cooperación transfronteiriza, desenvolvida polas cidades de Valença e Tui, co obxectivo de mellorar a saúde dos seus cidadáns,  a través da promoción da práctica da actividade física.        

O Alcalde asiste á inauguración das Xornadas sobre “Fronteira, Comunicación e Desenvolvemento” a celebrar ata mañá na Eurocidade

Undefined

Onte ás 16,00h foron inauguradas na Biblioteca Municipal de Valença as xornadas “Fronteira, Comunicación e Desenvolvemento” organizadas pola Real Code, a Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento que se van celebrar na Eurocidade ata o mediodía do sábado.

A Eurocidade Tui – Valença presentou esta tarde a súa oferta turística na bolsa de turismo de Lisboa

Undefined

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez,, xunto ao Presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, e o Presidente da Entidade Rexional de Turismo Porto – Norte de Portugal, acompañados dos concelleiros de turismo de ambas cidades, Raquel Lorenzo e Jose Monte respectivamente presentaron estar tarde na BTL – Feira de Turismo de Lisboa a oferta turística da Eurocidade Tui-Valença.

A Eurocidade Tui – Valenca presenta a súa oferta turística na Bolsa de Turismo de Lisboa este venres 2 de Marzo

Undefined

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença, en coordinación coa Entidade Rexional de Turismo do Porto e Norte de Portugal, van presentar a oferta turística da Eurocidade Tui-Valença na próxima edición da Bolsa de Turismo de Lisboa, a decorrer de 29 de Febreiro a 4 de Marzo.

Tui e Valença xa son Eurocidade

Undefined

Tui e Valença son xa unha Eurocidade. De agora en diante os dous municipios promoverán de xeito conxunto a converxencia económica, social e cultural, para que o efecto fronteira deixe de ser un inconvinte e pase a ser un elemento potenciador. Así se recolle nun dos artigos do convenio suscrito  polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, e o conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.  É un convenio con duración indefinida

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade