Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Andainas polo Camiño Portugués pola Costa na Eurocidade

25/09/2017
Andainas polo Camiño de Santiago

Esta fin de semana dentro do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade realizaranse dúas andainas, unha o sábado e outra o domingo, polo “Camiño Portugués pola Costa”, no seu percorrido polos municipios de Tui e Valença.

A primeira andaina será este sábado, 30 de setembro, para percorrer á inversa a etapa do Porriño a Tui. A saída será ás 09.00 horas en autobus dende o Centro Interfederado de Tui ata a fronteira coa localidade de O Porriño, para percorrer o Camiño de Santiago ata as inmediacións da vella ponte internacional.

Mentres o domingo os camiñantes sairá ás 10.00 horas españolas dende o Centro Interfederado de Tui, para rematar en Vila Nova de Cerveira. Un autobús da organización retornará a Tui a todos os participantes inscritos.

Como nas andainas anteriores, é preciso realizar a inscrición previa, a través do enderezo electrónicocaminhadas.andainas@gmail.com / celtasdominho@gmail.com / 
clubandatui@gmail.com, cun custe por cada andaina de 5€ por persoa e de 3€ para menores de 12 anos. Os interesados deben inscribirse ata este xoves 28 de setembro. Os interesados pódense inscribir na andaina do sábado, na do domingo ou en ambas.

Toda a información referente ao Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”.

Dado que serán as últimas andainas do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, ao remate do percorrido do domingo, 1 de outubro, realizarase o sorteo, entre os que participaron en máis andainas do circuito deste ano, das comidas e ceas para dúas persoas doadas por Tapería La de Manu, Restaurante O Novo Cabalo Furado, Tapas e Viños e Restaurante Esplanada, así como dos lotes de viño doados pola adega Ramón Bilbao.