Convenio de Cooperación
O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença asinaron o 12 de febreiro do ano 2012 o convenio de cooperación para a creación da Eurocidade Tui-Valença, cuxa duración é indefinida. O acto oficial tivo coma escenarios a antiga alfándega de Valença e a vella Ponte Internacional que une os dous municipios. Asinaron o convenio Moisés Rodríguez Pérez como alcalde de Tui e Jorge Salgueiro Mendes coma presidente da Cámara de Valença, así coma Alfonso Rueda en representación da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, por delegacón de sinatura de Alberto Núñez Feijoo, en calidade de presidente desta Comunidade de Traballo.
O convenio de cooperación recolle as relacións seculares de convivencia das dúas cidades que comparten nexos históricos, lingüísticos, económicos, sociais e culturais, e que conforman un espazo único quen de xerar as sinexías necesarias para a creación dun polo de referencia que atrae as poboacións da súa contorna.
Co convenio asinado entre Tui e Valença para a creación da Eurocidade acórdase:
- Primeiro. Promover o fortalecemento dos lazos xa existentes entre as dúas cidades fronteirizas coa finalidade de desenvolver e articular a cooperación entre as cidades de Tui e de Valença, para proporcionar unha maior calidade de vida ás súas poboacións.
- Segundo. Promover a converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental entre as dúas cidades, de forma que o "efecto fronteirz" deixe de ser un inconveniente para converterse dunha oportunidade de desenvolvemento territorial e desenvolvemento socioeconómico, promovendo a utilización de servizos comúns como instrumento dinamizador da convivencia entre as persoas de ambos os territorios.
Reforzar a cooperación, buscando conxugar os esforzos e recursos buscando o planeamento e a xestión conxunta de servizos e equipamentos municipais.
- Terceiro. Iniciar as accións dirixidas a establecer lazos no dominio da cooperación económica, comercial, institucional, tecnolóxica, turística, social, cultural e académica, como a mellor forma de consolidar a cooperación mútua.
- Cuarto. Promover o establecemento de empresas privadas en ambas as cidades, facilitando así o crecemento económico e un maior grao de industrialización e comercialización de produtos, redundando no benestar persoal e social dos seus respectivos habitantes.
- Quinto. Fomentar o desenvolvemento de proxectos de cooperación en áreas de interese común, podendo mesmo, buscar fontes externas de financiamento para a consecución dos mesmos.
- Sexto. En concreto preténdese
- Traballar conxuntamento para desenvolver accións de promoción de investimentos e de oportunidades comerciais, produtivas e turísticas.
- Reforzar a cohesión social.
- Promover a valorización do patrimonio natural e cultural.
- Consolidar o desenvolvemento do tecido empresarial local.
- Integrar e promover o sector loxístico.
- Revitalizar as actividades deportivas a través de infraestruturas comúns.
- Promover a actividade cultural conxunta.
- Dinamizar a actuación das administracións, aproveitando as infraestruturas e equipamentos existentes.
- Planear de forma coordinada os novos equipamentos e as futuras actuacións a realizar.
- Desenvolver todas as accións que redunden na mellora da calidade de vida dos seus cidadáns e en fortalecemento das súas relacións.
- Sétimo. As partes acordan, en consecuencia, promover unha Eurocidade nos municipios de Tui e Valença. Esta Eurocidade denominarase "Tui-Valença" ou "Valença-Tui" indistintamente.
- Oitavo. Este convenio será complementado por programas e proxectos de colaboración que se establezan nos diferentes ámbitos de actuación e que formarán parte do mesmo.
Consultar texto íntegro do convenio asinado o 12 de febreiro de 2012