Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres e sábado celébrase o IV Torneo Eurocidade de Hoquei

20/09/2017

O Sporting CP, o Club Liceo, o AD Valongo, e Valença H.C participarán nesta competición no pavillón de Valença

Este venres, 22 de setembro, e sábado, 23 de setembro, dentro do calendario de actividades deportivas da Eurocidade, o Valença Hoquei Club, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, organizará o IV Torneo Eurocidade de Hoquei. No mesmo van participar equipos de primeiro nivel, como o Sporting CP, o Club Liceo, o AD Valongo, así como o propio Valença H.C., que esta tempada competirá na primeira división nacional portuguesa.

O venres 22 disputaranse as semifinais, ás 21.30 horas españolas o partido entre o Liceo e o AD Valongo, e ás 23.00 horas españolas o partido entre o Sporting CP e o Valença Hoquei Club.

O sábado 23 se disputará o encontro polo terceiro e cuarto posto, ás 17.00 horas españolas, sendo a final ás 18.30 horas.

Nesta mesma xornada do sábado, ás 11.00 horas españolas, disputarase o torneo de escolares, coa presenza dos equipos do Valença, Porto e Cies.