Mañá preséntase en Tui a décima e derradeira proba do Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica
Maña xoves, 30 de setembro, ás 11.30 h, no CETD de Tui, na rúa Olímpicos Tudenses, terá lugar a presentación da 10ª e derradeira proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica. Celebrarase no río Miño, este sábado 2 de outubro, organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, coa colaboración do Concello de Tui, da Comandancia Naval do Miño e de Protección Civil de Tui.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.