Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A 1ª San Silvestre Popular de Tui celebrarase o venres 31 de decembro

17/12/2021

Terá carácter solidario coa entrega dun quilo de alimentos para SOS Tomiño Baixo Miño coa retirada do dorsal. Ao remate haberá chocolate con rosca e tomaranse as uvas de xeito adiantado

O venres, 31 de decembro, celebrarase a 1ª San Silvestre Popular de Tui, con carácter non competitivo, dirixida a todas aquelas persoas que queiran participar nun evento lúdico deportivo antes de rematar o ano, e comer as doce uvas por adiantado. A proba está organizada polo Concello de Tui coa colaboración do Club Atletismo Tui.

Esta 1º San Silvestre Popular sairá ás 10.30 h dende o Paseo da Corredoira para realizar un sinxelo de percorrido urbano de catro quilómetros.

Ao remate, como avituallamento, servirase un chocolate quente con rosca, e entregarase ás persoas participantes un paquete con 12 uvas, para comelas ás 12 horas, ao son das badaladas do reloxo da praza da Inmaculada.

A inscrición gratuíta, pode realizarse até ás 23.59 h do mércores, 29 de decembro, no seguinte enlace: INSCRICIÓN. A carreira terá unha compoñente solidaria polo que o día da carreira, o venres 31, dende ás 9.30 h na retirada do dorsal na zona de saída no Paseo da Corredoira, deberase entregar un quilo de alimentos non perecedoiros, que serán doados á Asociación SOS Tomiño – Baixo Miño.  

Regulamento 1º San Silvestre Popular 2021