Acrobacias, música e teatro mañá xoves na programación das festas de San Telmo
Mañá xoves, 13 de abril, dentro da programación das Festas de San Telmo haberá acrobacias e maxia, teatro e música.
As actividades comezarán ás 16.30 h coa actuación da Coral San Telmo na Residencia Paz e Ben, dentro da iniciativa para achegar aos e ás maiores do centros de día e residencias tudense a música nestas festas.
Ás 18.00 h Patty Diphusa actuará na carpa do Paseo da Corredoira co seu espectáculo “SúperHarte”, no que conectará cos máis pequenos e pequenas da casa con acrobacias de altura e comedia, meténdose incluso dentro de globos e conseguindo voar.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.