Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Volve á festa gastronómica dentro da programación da Festa do Miño o 13 de agosto

23/07/2022

As asociacións interesadas en participar deberán presentar a solicitude por sede electrónica o mércores 27, xoves 28 e venres 29

O sábado, 13 de agosto, volverá celebrarse unha nova edición da Festa do Miño, un evento que se estenderá ao longo da xornada con múltiples actividades dende a romaría popular, e o descenso popular do Miño, á Festa Gastronómica e o concerto da Banda Xangai.

Ante a celebración da Festa Gastronómica o concello de Tui á próxima semana o prazo para que as asociacións culturais tudenses soliciten a súa participación na mesma cun posto de venda directa de comida tradicional. 

As asociacións interesadas en participar deberán presentar  na sede electrónica do Concello de Tui o mércores 27, xoves 28 e venres 29 o impreso normalizado de solicitude, que poden descargar en www.tui.gal, xunto coa documentación requirida. So poderán participar as 13 primeiras asociacións culturais que completen o trámite de solicitude.

A Festa Gastronómica celebrarase o sábado, 13 de agosto, de 20 a 00 h na rúa Compostela, no tramo comprendido entre as rúas Ourense e Betanzos. Todas as persoas que vendan alimentos nos postos deberán estar en posesión do Carné de Manipulador de Alimentos.

As bases completas da convocatoria, onde figura a documentación requirida, e o impreso de solicitude poden descargarse na web www.tui.gal.

Festa Gastronómica 2022 - Bases

Festa Gastronómica 2022 - Solicitude participación WORD

Festa Gastronómica 2022 - Solicitude participación PDF