Mancomunidade do Baixo Miño lamenta a decisión da Xunta de Galicia de non incluír ao Baixo Miño no transporte metropolitano da área de Vigo
Os alcaldes e alcaldesas da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, formada por Tui, Tomiño, A Guarda e O Rosal, lamentan a decisión da Xunta de Galicia de non incluír ao Baixo Miño no transporte metropolitano da área de Vigo. Alertan que isto “suporá un importante deterioro dun servizo fundamental nunha contorna rural cun alto índice de poboación envellecida”.