Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario mañá xoves 25 de novembro ás 20 h

24/11/2021

A corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario mañá xoves, 25 de novembro, ás 20 h. Poderase seguir en directo a través da Radio Municipal de Tui. (Escoitar on line)

Convocatoria Sesión Plenaria 6/2021

ORDE DO DÍA 

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 5/2021 celebrada o 30/09/2021. 

2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial 

3º.- Expediente 2441/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/11/2021, favorable á proposta de Alcaldía de data 10/11/2021, relativa á aprobación dos modelos de declaración de bens e actividades dos membros da Corporación. 

4º.- Expediente 2463/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/11/2021, favorable á proposta de Alcaldía de data 15/11/2021, relativa á aprobación inicial do Regulamento polo que se aproban os criterios para a prestación de Servizos en réxime de teletraballo no Concello de Tui. 

5º.- Expediente 2317/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/11/2021, favorable á proposta de Alcaldía, de data 18/11/2021, relativo ao acordo sobre a eficacia retroactiva dos efectos económicos da modificación da Relación de Postos de Traballo a 1 de xaneiro de 2021. 

6º.- Expediente 2461/2021. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 18/11/2021, favorable á proposta de Alcaldía de data 15/11/2021, relativa á aprobación inicial da ordenanza reguladora do estacionamento con horario limitado gratuíto (zona azul gratuíta). 

7º.- Expediente 365/2020. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 18/11/2021, favorable á proposta de Alcaldía de data 15/11/2021, de posta a disposición da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, O.A. dos terreos precisos para a realización das obras relativas á construción dunha pasarela peatonal na desembocadura do río Louro. 

8º. Expediente 2705/2019. Proposta de Alcaldía de data 22/11/2021, de adxudicación da concesión de obra pública para a redacción de proxecto, construción e explotación dun aparcadoiro soterrado entre as rúas Ourense e Compostela, e urbanización exterior da superficie existente sobre o aparcadoiro e reposición de servicios afectados pola execución do aparcadoiro. 

9º.- Mocións de urxencia. 

B) Actividade de control: 

10º.- Expediente 1426/2021. Dación de conta de información sobre morosidade e PMP - 2º Trimestre 2021. 

11º.- Expediente 1427/2021. Dación de conta de información de execución trimestral do Orzamento Xeral 2021 - 2º trimestre. Comunicación información LO 2/2012. 

12º.- Expediente 2337/2021. Dación de conta de aprobación da información referida ó custo efectivo dos servizos no Concello de Tui para o exercicio 2020. 

13º.- Expediente 2338/2021. Dación de conta de información sobre morosidade e PMP - 3º Trimestre 2021. 

14º.- Expediente 2339/2021. Dación de conta de información de execución trimestral do Orzamento Xeral 2021 - 3º trimestre. 

 15º.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía de núm. 1484, de 27/09/2021 ata o núm. 1791, de 19/11/2021.

C) Rogos e preguntas: 

16º.- Rogos e preguntas.