Convocatoria sesión nº 7/2020 de pleno ordinario do xoves, 30 de xullo de 2020
Convocatoria sesión nº 7/2020 de pleno ordinario do xoves, 30 de xullo de 2020
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria sesión nº 7/2020 de pleno ordinario do xoves, 30 de xullo de 2020
Dende o Consorcio de Augas do Louro realízase un chamamento a realizar un consumo responsable da auga en Tui. Expoñen que as elevadas temperaturas das últimas semanas dispararon o consumo de auga en Tui, rexistrando valores moi elevados de ata 110 litros por segundo nas horas punta, que poderían por en risco o abastecimiento á poboación si se rexistrase algunha avaría nas conduccións.
O Concello de Tui fai un especial chamamento á responsabilidade e ao cumprimento da normativa para evitar contaxios pola COVID19.
A corporación municipal de Tui celebra mañá martes, 21 de xullo, ás 9 h pleno de carácter extraordinario cun único punto na orde do día:
Único.- Cambio de localización do Mercado dos Xoves por parte do Goberno actual
Convocatoria de sesión nº 6/2020 de pleno extraordinario do martes, 21 de xullo de 2020
Unha maqueta cos petróglifos máis representativos do Baixo Miño, e un mapa visual onde se plasman máis de 70 elementos do patrimonio situado nas parroquias tudenses son dous dos elementos que forma para da exposición “Pérdete polo rural” que dende hoxe se pode visitar na Oficina Municipal de Turismo, na praza de San Fernando en Tui. Permanecerá aberta até mediados de agosto.
Este mediodía o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Cultura, Laureano Alonso, participaron na apertura da mostra canda aos promotores da mesma Telmo Alfaya e Antonio Lago.
Os clubs deportivos tudenses teñen ao seu dispor unha aplicación móbil para a xestión das subvencións nominativas do Concello de Tui.
Once traballadores incorpóraronse ao longo deste mes á plantilla do Concello de Tui. Teñen coma cometido fundamental a realización de labores de desbroce ao longo de todo o termo municipal. En concreto estes contratos están subvencións pola Xunta de Galicia a través de varios programas, entre eles o APROL Rural. A duración do contrato será de 9 meses.
“Volvemos á rúa!” é o lema da programación cultural que este verán se vai desenvolver en Tui. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, foron esta mañá os responsables da presentación desta oferta cultural que se vai desenvolver dende o mércores 15 de xullo.
Mañá venres, 10 de xullo, ás 11.30 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da programación cultural do verán que se vai desenvolver dende o próximo mércores día 15 en Tui.
A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente.