Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mércores preséntase o 52º Descenso Internacional do Miño

15/08/2023

Mañá mércores, 16 de agosto, ás 11.30 h, diante do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, presentarase a 52ª edición do Descenso Internacional do Miño, organizado polo Club Kaiak Tudense,  que se vai celebrar este sábado, 19 de agosto, en augas do río Miño entre Salvaterra e Tui. 

Participarán na presentación  Ana Núñez, alcaldesa en funcións, o deputado provincial, Roberto Carrero, o xefe provincial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o concelleiro de Deportes de Salvaterra, Edgar Martínez,  un representante da Federación Galega de Surf, e o presidente do Club Kaiak Tudense, Diego Piña. Tamén asistirán Andrés Díaz-Ripoli, comandante naval do Miño, e David Pacheco, comandante do Cabo Fradera.