Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do X Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

2/07/2024

Mañá mércores, 3 de xullo, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación oficial do X Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, proba deportiva organizada polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu, que terá lugar no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez, este domingo 7 de xullo.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso, o director do comité organizador, Eduardo Jorge Méndez, o director do departamento de Kung Fu Moderno da Federación Galega de Kung Fu, Aarón Blanco, acompañados de Miguel Santos, deportista destacado do club, que ostenta máis de 20 campionatos de España nas distintas modalidades de Kung Fu.