Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal celebra a sesión 11/2024 de pleno ordinario este xoves, 28 de novembro

26/11/2024

A corporación municipal de Tui reunirase en sesión plenaria, a 11/2024, este xoves, 28 de novembro,ás 20 h no salón de sesións da casa do concello coa seguinte orde do día: 

A) PARTE RESOLUTIVA 

1. Aprobación de actas de sesións anteriores: ordinaria de 26.09.2024 e extraordinaria celebrada o 30.10.2024. 

2. Toma de posesión de D. Adrián Vila Rodríguez do cargo de concelleiro da Corporación Municipal de Tui.

 3. Expediente 4442/2024. Mención honorífica especial a D. Adolfo Besada Álvarez. 

4. Expediente 1118/2023. Ditame para adxudicar o contrato administrativo de “Subministro de enerxía eléctrica no concello de Tui". 

5. Expediente 2726/2022. Ditame de aprobación de Convenio polo que se establecen as relacións de cooperación e colaboración coa Entidade Local Menor de Pazos de Reis. 

6. Expediente 655/2018. Ditame para desistencia da posta a disposición de terreo para a construción dun novo centro escolar en Pazos de Reis. 

7. Expediente 4307/2024. Ditame para aprobación do PLAN ESTRATEXICO SUBVENCIÓNS CONCELLO DE TUI, 2025-2026-2027 

8. Expediente 3154/2024. Ditame para bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de "CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE INMOBLE" no inmoble sito na RÚA ANTERO RUBÍN, 22.

9. Expediente 3943/2024. Ditame para a bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “REFORMA PARCIAL E ACCIÓNS DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO” no inmoble sito na RÚA CUENCA, 9. 

10.Expediente 3992/2024. Ditame para a bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE CUBERTA” no inmoble sito na RÚA SEIXAS, 14. 

11.Expediente 2740/2024. Ditame para a bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE CUBERTA” do inmoble situado na RÚA ORDOÑEZ, 10. 

12.Expediente 2682/2024. Ditame para a bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de "REFORMA E REHABILITACIÓN DE PLANTA PRIMEIRA" sitas en RÚA AUGUSTO GONZÁLEZ BESADA, 1. 

13.Expediente 3096/2024. Ditame para a bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de "REHABILITACION DE EDIFICACION PARA USO RESIDENCIAL" sitas en RÚA MARTÍNEZ PADÍN, 43. 

14.Expediente 1897/2024. Ditame para a bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de "CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE CUBERTA" no inmoble sito na RÚA SAN TELMO, 29. 

15.Expediente 2960/2024. Ditame para a bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE FACHADA” do inmoble situado na RÚA ORDOÑEZ, 20. 

16.Expediente 1697/2022. Ditame inicio de Procedemento de Revogación de Liquidacións de taxa por instalacións de postos e barracas en terreo de uso público local emitidas en 2015- 2019, pendentes de cobro e non prescritas. 

17.Expediente 3842/2024. Ditame para aprobación da modificación da Ordenanza sobre a regulación do tráfico no Conxunto Histórico de Tui. 

18.Expediente 4284/2024. Proposición de aprobación de pregos e expediente de contratación do servizo de axuda no fogar. 

19.Expediente 4469/2024. Proposición de recoñecemento a Don Karolis Biveinis, profesor no conservatorio de música, da compatibilidade para o exercicio da actividade privada “copista musical por conta allea”.

20.Expediente 4491/2024. Moción presentada polo Grupo municipal do BNG en relación coa seguridade da estrada PO-404 no tramo de Caldelas a Guillarei. 

21.Expediente 4492/2024. Moción presentada polo Grupo municipal do BNG sobre a grave situación e o deterioro do servizo de transporte público na comarca do baixo miño. 

B) ACTIVIDADE DE CONTROL 

22.Expediente 4228/2024. Dación de conta do avance liquidación orzamento xeral 3º trimestre 2024 

23.Expediente 4241/2024. Dación de conta do custo efectivo dos servizos 2023

24.Expediente 3980/2024. Dación de conta da MOROSIDADE - PMP 3º TRIMESTRE 2024 

25.Dación de contas das subvencións e disposicións de interese da ADL dos meses de outubro e novembro de 2024. 

26.Dación de conta das resolucións ditadas por alcaldía e concelleiras/os delegados/as desde a núm. 2024-1214, de 20/09/2024 ata a núm. 2024-1604-de 25/11/2024. 

C) ROGOS E PREGUNTAS

Convocatoria Sesión Plenaria 11/2024 Ordinaria do xoves, 28 de novembro de 2024