O alcalde e membros do COAG abordan coa xefa provincial de Costas a convocatoria do concurso de ideas sobre o fronte fluvial do Miño
Co obxectivo de avanzar na convocatoria dun concurso internacional de ideas para reordenar o fronte fluvial do río Miño entre a vella Ponte Internacional e a alameda de San Domingos o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reuniuse hoxe coa xefa do servizo provincial de Costas, Cristina Paz-Curbera, e co presidente da delegación do COAG, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en Vigo, Antonio Davila, e o vo





