A corporación tudense celebra pleno este xoves ás 20h con carácter ordinario
A corporación municipal de Tui celebra este xoves,ás 20h, pleno de carácter ordinario con dez puntos na orde do día.
Na parte resolutiva da sesión figuran cinco puntos
1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión anterior ordinaria nº 8/2017 de 28 de setembro.
2º.- Expediente 2480/2017. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de crédito extraordinario nº 6/2017 (Modificación de créditos 33/2017).