Decreto resolución declaración de tres días de loito oficial
Decreto do 24 de xullo de 2018 coa declaración de tres días de loito oficial tras a catástrofe de Paramos.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Decreto do 24 de xullo de 2018 coa declaración de tres días de loito oficial tras a catástrofe de Paramos.
Hoxe xoves, 31 de maio, ás 14h reunirase na casa do concello a Xunta de Portavoces para tratar o reparto do Fondo de Emerxencia e estudar os informes sobre a conveniencia ou non de solicitar ao goberno central a declaración da Zona Gravemente Afectada por un sinistro de Protección Civil. Os acordos que se tomen irán por vía de urxencia ao pleno ordinario que celebrará a corporación a partir das 20h.
A orde do día do pleno ordinario é a seguinte:
Convocatoria Sesión 6/2018 Pleno Ordinario xoves, 31 de maio
O Concello de Tui está a realizar xestións ante distintas entidades, públicas e privadas, para buscar o xeito máis sinxelo de facilitar aos afectados pola explosión rexistrada hai unha semana en Paramos a realización de distintos trámites.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, solicitará mañá compromisos económicos á administración central e provincial, xa que polo momento só hai o compromiso firme da Xunta e do Concello para financiar a recuperación da zona afectada o pasado mércores pola explosión de material pirotécnico en Paramos, xa que dicía “son necesarios moitos millóns de euros para reestablecer á normalidade”. Indicaba nese senso que só o desescombro custará máis dun millón de euros.
A xunta de portavoces do Concello de Tui reunida este mediodía na casa do concello consensuou levar a o pleno ordinario deste xoves a aprobación dun millón de euros, con cargo ao remanente de tesourería, para o Fondo de Emerxencia tras explosión rexistrada o pasado mércores na parroquia de Paramos.
Os voceiros políticos estiveron de acordo en que a distribución destes fondos se realice en coordinación cos Servizos Sociais Comunitarios municipais, destinándose en primeiro lugar para cubrir as necesidades básicas de alimentos, roupa, transporte... dos afectados.
Un total de 692 persoas afectadas e 325 expedientes de incidencias aberto son os que até á unha desde mediodía tiña o Centro de Atención aos Afectados situado no Centro de Formación Municipal.
En relación a los fatales acontecimientos que se han producido el pasado miércoles 23 de mayo, el Concello de Tui tiene interés en informar sobre la situación urbanística del expediente relativo a la parcela en la que oficialmente la entidad Pirotecnia La Gallega S.L. tiene su domicilio social en el Barrio da Igrexa s/n, Parroquia de Baldráns.
A partir de mañá sábado, 26 de maio, o centro de atención aos afectados pola explosión de material pirotécnico o pasado mércores, 23 de maio, no barrio da Torre en Paramos estará situado no Centro de Formación Municipal, na Gándara en Guillarei. Neste punto continuarase a atender a todos os afectados por parte de traballadores sociais, psicólogos, persoal técnico... mañá sábado de 9 a 14h e de 16 a 20h e o domingo de 9 a 14h, e dende o luns de 9 a 14h e de 16 a 20h.
Habilitouse unha conta de correo de correo electrónico de atención aos afectados e para canalizar as axudas da explosión da pirotecnia. O enderezo é afectadostui@concellotui.org.
Lembramos que o Centro de Atención aos afectados está situado no Centro de Formación en Guillarei. O teléfono de contacto é o 986 60 39 49.