Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O goberno municipal levará a pleno unha moción para solicitar ao Ministerio que acometa o desentullo de Paramos

Undefined

O goberno municipal de Tui presentará unha proposta para o seu debate no pleno ordinario, do 29 de novembro, na que o Concello de Tui solicita ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública que acometa o desentullo da zona cero de Paramos mediante unha encomenda de xestión. En concreto farase esta solicitude amparándose no artigo 11 da Ley 40/2015, de 1 de outubro, de Régimen Jurídico del Sector Público, propondo que sexa a empresa Tragsa quen acometa estes traballos.

O alcalde de Tui solicita á ministra de Política Territorial que se execute o proxecto de desentullo de Paramos mediante unha empresa pública

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiu hoxe unha carta á ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, na que solicita que o seu ministerio proceda á xestión oportuna para executar o proxecto de desentullo da zona de cero de Paramos mediante unha encomenda de xestión á empresa Tragsa.

Unha disposición adicional da Lei do Solo permitirá reconstruír ás vivendas fóra de ordenación na zona cero de Paramos

Undefined

A incorporación dunha disposición adicional na Lei do Solo permitirá darlle encaixe legal á reconstrución das vivendas afectadas na zona cero de Paramos que estaban fóra de ordenación. Esta foi unha petición que o Concello de Tui presentou á Xunta de Galicia para garantir así que todas as vivendas existentes previa a explosión do 23 de maio  se lles poderá dar licenza para a súa reconstrución.

O alcalde recibiu onte carta da ministra de Política Territorial na que da conta do traslado das súas solicitudes á Secretaria de Estado para a súa contestación en breve

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, recibiu onte unha carta da ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxel Batet,  na que lle comunica que tras recibir as cartas remitidas dende o Concello de Tui de data de 3 de outubro e 6 novembro, deu traslado das mesmas á Secretaría de Estado de Politica Territorial, para que dean resposta á maior brevidade posible.

En resposta a petición do Concello de Tui o ORAL suspenderá cautelarmente o cobro dos recibos do IBI aos afectados de Paramos

Undefined

En resposta á solicitude realizada polo Concello de Tui o ORAL pon en marcha unha medida transitoria pola cal efectuará a suspensión cautelar do período de voluntario de cobro dos recibos do Imposto de Bens Inmobles, o IBI,  para os propietarios das vivendas afectadas pola explosión do Barrio da Torre en Paramos o pasado 23 de Maio.   

A próxima semana retómase a atención psicolóxica aos afectados de Paramos e Guillarei no centro de saúde de Tui

Undefined

A próxima semana retomaranse as avaliacións das persoas afectadas pola catástrofe de Paramos que solicitaron asistencia psicolóxica. No mes de agosto e na primeira semana de setembro psiquiatras do SERGAS avaliaron xa as 72 solicitudes, algunha de unidades familiares, que se presentaran ata aquel momento, e agora citarán aos entre 15 e 20 casos novos que veñen de demandar este servizo.

O desentullo da zona afectada pola explosión de Paramos custará 3.194.772,35 €

Undefined

Na mañá de hoxe foi presentado o proxecto de desentullo da zona afectada pola explosión de Paramos, a presentación correu a cargo do alcalde de Tui Carlos Vázquez Padín, o xerente urbanístico, Rubén Vázquez, e o arquitecto redactor do proxecto, Francisco Valle Rubín. Os obxectivos deste proxecto inclúen a deconstrución das edificacións danadas, a consolidación da mampostería e sillerías antigas o desentullo da zona e transporte de residuos a instalacións autorizadas e o arranxo de muros de peche e portas.

O concello de Tui amosa o seu malestar pola tardanza na declaración de Paramos coma Zona Gravemente Afectada por unha emerxencia de Protección Civil

Undefined

O concello de Tui, a través do seu alcalde , Carlos Vázquez Padín, amosa o seu malestar pola tardanza do goberno central en tomar a decisión de declarar o barrio da Torre en Paramos coma Zona Gravemente Afectada por unha emerxencia de Protección Civil, tras a explosión de material pirotécnico nun almacén ilegal o pasado 23 de maio.

Ampliado até o 6 de outubro o prazo para solicitar as axudas da Xunta aos afectados de Paramos e Guillarei

Undefined

A Xunta de Galicia amplia un mes - até o 6 de outubro - o prazo para solicitar as axudas aos afectados pola explosición de material pirotécnico o 23 de maio no barrio da Torre. Así o avanzou hoxe a conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez na xuntanza que mantivo no Centro de Afectados co alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei.

Pages

Subscribe to RSS - Paramos