Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O goberno municipal levará a pleno unha moción para solicitar ao Ministerio que acometa o desentullo de Paramos

19/11/2018

Proponse que se faga de forma directa por encomenda de xestión para minimizar así os prazos

O goberno municipal de Tui presentará unha proposta para o seu debate no pleno ordinario, do 29 de novembro, na que o Concello de Tui solicita ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública que acometa o desentullo da zona cero de Paramos mediante unha encomenda de xestión. En concreto farase esta solicitude amparándose no artigo 11 da Ley 40/2015, de 1 de outubro, de Régimen Jurídico del Sector Público, propondo que sexa a empresa Tragsa quen acometa estes traballos.

Explica o rexedor que deste xeito se minimizarían os prazos para levar a cabo o desentullo, con medios propios do goberno, xa que se houbera que recorrer a unha licitación estímase que a tramitación podería levar 8 ou 9 meses, tratándose dunha tarefa urxente e necesaria para que os veciños poidan iniciar a reconstrución das súas vivendas.