Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Acordo unánime da corporación tudense reclamando ao goberno do Estado os cartos do desentullo de Paramos

Undefined

O Concello de Tui vai dirixirse ao goberno do Estado para solicitar o reintegro do preto de millón e medio de euros anticipados pola entidade local para facer fronte ao desentullo no barrio da Torre, en Paramos, tras a explosión de material pirotécnico rexistrada o 23 de maio de 2018. Así se acordou onte no pleno ordinario da corporación tudense.

Tui pecha as instalacións culturais e deportivas e suspende a programación propia coma medida preventiva ante o coronavirus

Undefined

O Concello de Tui vén de acordar unha serie de medidas para previr o contaxio por Coronavirus. Estas decisións adoptáronse por unanimidade na xunta de portavoces celebrada este mediodía na casa do concello. A duración ou modulación das medidas adoptadas se tomará de acordo coas directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

Así pecharanse as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo dende mañá e suspéndese a programación propia.

A Oficina de Atención aos Afectados de Paramos e Guillarei trasládase á casa do concello

Undefined

A Oficina de Atención aos Afectados de Paramos e Guillarei vén de trasladarse á casa do concello de Tui. Pasa a estar situada na ala dereita do primeiro andar do edificio.  Dende a súa creación, tras a explosión rexistrada no barrio da Torre en 2018, viña prestando servizo no Centro Municipal de Formación en Guillarei. De agora en diante seguirá atendendo aos afectados os luns, mércores e venres en horario de 9 a 14 h.

Reunión cos afectados de Paramos e Guillarei este xoves ás 20.30 h

Undefined

Este xoves, 22 de agosto, ás 20.30 h no Centro Cultural de Paramos o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, vaise reunir cos membros da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei.

Na reunión estarán tamén presentes os técnicos da oficina de atención aos afectados e foron convidados tamén os voceiros dos grupos políticos presentes na corporación municipal.

Reaberta a zona cero de Paramos

Undefined

O Concello de Tui ten concedido xa 9 licenzas de obra maior para a reconstrución de vivendas na zona cero de Paramos e outras 12 solicitudes están agora en tramitación. Así o avanzou esta mañá o alcalde, Carlos Vázquez Padín, na propia zona cero de Paramos, onde esta mañá foron retirados os valados tras completar hai unhas semanas os labores de desentullo.  Alí compareceu ante os medios de comunicación xunto ao concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, e os arquitectos Pablo Rivas e Juanma Rodríguez.

Os veciños da zona cero que xa solicitaron a licenza poderían iniciar as obras de reconstrución en marzo, unha vez rematado o desentullo

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reuniuse este mediodía con Salvador García, Lupe Pérez e Pablo González da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, na véspera de cumprirse oito meses da explosión no barrio da Torre. No encontro participaron tamén o arquitecto e a traballadora social asignados ao centro de afectados en Guillarei.

O próximo luns, día 7, comezan as labores de desentullo no barrio da Torre de Paramos

Undefined

Na xornada de hoxe, venres 4 de xaneiro, foi asinada a acta de reformulación do proxecto de desentullo, demolicións e consolidacións urxentes no núcleo de Paramos. Con este documento asinado pola empresa adxudicataria, Demoliciones e desamiantados Galicia S.L., a empresa Renova Integral, autora do proxecto, o coordinador de seguridade, Fernando Rodríguez Antelo, o director de obra, Francisco Valle Rubín e  polo Concello de Tui, do seu alcalde, Carlos Vázquez Padín.

O desentullo da zona de cero de Paramos comezará na segunda semana de xaneiro

Undefined

Na segunda semana de xaneiro comezarán os traballos de desentullo na zona cero de Paramos afectada pola explosión do pasado 23 de maio.  Esta mañá o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Obras, Antonio Castro, o arquitecto municipal, Pablo Rivas, o redactor do proxecto de desentullo, Francisco Valle, e o responsable da empresa adxudicataria, Ricardo Abal , visitaron a zona cero para estudar o plantexamento para iniciar a obra.

Pages

Subscribe to RSS - Paramos