Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno local, tras as eleccións municipais do 26 de maio de 2019, está formada por Enrique Cabaleiro González (presidente), Rafael Estévez Martínez, Mª Yolanda Rodríguez Rodríguez, José Ramón Magán Rivera, Ismael Diz Garrido, e Laureano Alonso Álvarez. Reúnese os xoves, cada quince días, ás 9 h no salón de concelleiros da casa do concello.

Corresponden á Xunta de Goberno Local, ademais da asistencia permanente ao alcalde no exercicio das súas funcións, as seguintes competencias que se delegan:

1º.—O outorgamento de todas as licencias urbanísticas que deban concederse con carácter previo, de acordo co previsto na Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, así como dictar as resolucións que procedan nos procedementos de actuacións urbanísticas suxeitas ao réxime de declaración responsable ou comunicación previa.

2º.—A aprobación dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuídas ao Pleno, así como dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.

3º.—As competencias que en materia de contratación veñen atribuídas ao Alcalde na Disposición adicional segunda do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos do Sector público.

4º.—O recoñecemento das obrigas económicas derivadas da prestación de bens e servizos que foran recibidas no servizo de Intervención.

5º.—Resolver os recursos de reposición que se interpoñan contra os acordos adoptados en exercicio das atribucións delegadas.

Resolución da Alcaldía publicada no BOPPO nº 129 do luns, 8 de xullo de 2019.