Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

As axudas con cargo ao Fondo de Emerxencia contemplan achegas para enseres domésticos, alimentos, vestiario ou vehículos

Undefined

O Concello de Tui habilitou un Fondo de Emerxencia dun millón de euros con cargo ao remanente de tesourería, aprobado por unanimidade no pleno do pasado 31 de maio. Con cargo a este Fondo o concello vai conceder unha serie de axudas cuxa finalidade é “dar unha resposta rápida e inmediata ás necesidades das persoas ou unidades familiares que se atopen nunha situación de carencia urxente, trala explosión de Paramos, para que poidan evolucionar cara á súa autonomía e integración social”

Axudas

Os afectados pola explosión rexistrada o 23 de maio de 2018 no barrio da Torre en Paramos poderán solicitar as  axudas que a continuación se detallan. No Centro de Afectados, no Centro Municipal de Formación en Guillarei, asesórase aos afectados na presentación das solicitudes. 

Undefined

O DOG publica hoxe as axudas para aluguer e reconstrución de vivendas para os afectados pola explosión de Paramos

Undefined

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ORDE do 5 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a sufragar os gastos de aloxamento provisional e de reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui, o 23 de maio de 2018, con carácter plurianual

O Concello de Tui informa que os veciños afectados pola explosión de Paramos poden solicitar as axudas recollidas no Real Decreto 307/2005

Undefined

O Concello de Tui informa que os veciños afectados pola explosión no barrio do Torre en Paramos o pasado 23 de maio poden solicitar as axudas recollidas no Real Decreto 307/2005, do 18 de marzo, polo que se regulan as subvencións en atención a determinadas necesidades derivadas de situacións de emerxencia ou de natureza catastrófica.

A Eurocidade 10 destinará o importe íntegro da inscrición aos afectados de Paramos

Undefined

Este domingo celebrarase a VII Eurocidade 10 organizada pola Eurocidade Tui-Valença e o Club Atletismo Tui. Esta proba de atletismo será solidaria cos afectados de Paramos, para quen será recadación íntegra da proba, pero amais poranse á venda, o mesmo domingo, camisetas solidarias ao prezo de 5€.

A presentación deste evento deportivo tivo lugar esta tarde na casa do concello de Tui coa presenza do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, e o presidente do club Atletismo Tui, Rafael Pérez.

Hoxe luns ás 17h preséntase a VII Eurocidade 10 que terá carácter solidario cos afectados de Paramos

Undefined

Hoxe luns, 4 de xuño, ás 17.00 horas, na sala de reunións do Concello de Tui, terá lugar a presentación da VII Eurocidade 10, proba atlética de dez quilómetros, organizada pola Eurocidade Tui-Valença e o Club Atletismo Tui-Thermalia, que se realizará o domingo 10 de xuño, con saída dende o Paseo da Corredoira de Tui. A proba terá carácter solidario cos afectados de Paramos.

O desentullo da zona afectada pola explosión será abordado nunha reunión de coordinación

Undefined

O próximo venres, 8 de xuño, ás 9h vaise celebrar unha reunión de coordinación formada por técnicos do Concello de Tui, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia, para establecer a liña a seguir para acometer o desentullo da zona afectada pola explosión do pasado 23 de maio no barrio da Torre en Paramos.  Tratarase dunha reunión de carácter técnico con apoio político na que se abordará dende o tratamento dos entullos, algúns contaminantes coma a uralita, e o plan de traballo a seguir, ao tempo que na mesma se buscará cuantificar o importe dos traballos precisos a realizar, fixando así unh

O Tyde participa esta fin de semana no Torneo Internacional de Fútbol de Versmold que terá carácter solidario cos afectados de Paramos

Undefined

O equipo alevín do Tyde CF participa dende hoxe e ata  o domingo no Torneo Internacional de Versmold xunto a equipo de Francia, Eslovenia, Eslovaquia, Polonia e Alemaña. Un torneo que despois da catástrofe sucedida na parroquia tudense de Paramos a pasada semana terá carácter solidario. A localidade de Versmold desexan solidarizarse cos afectados e durante o torneo recadarán fondos para os afectados de Paramos.

Pages

Subscribe to RSS - Paramos